Saltar ao contido

Previa da xornada: comeza a competición nas categorías de base

Despois de máis dun mes de preparación, esta fin de semana arranca a competición oficial para os nosos rapaces. As categorías infantil e cadete deberán esperar aínda unha semana máis, pero os xuvenís teñen a súa primeira cita esta xornada. Así, o noso equipo xuvenil masculino, o Culleredo despreocupate.es, deberá xogar o primeiro partido da fase de clasificación para o play-off. Os gañadores desta primeira fase serán cabezas de serie no play-off que decidirá quen xoga na Liga Ouro esta tempada, e aos nosos tocoulles debutar en Vigo fronte ao AD Carballal. Será o sábado ás 11:30h.

Por outra banda, destacar que para continuar coa preparación desta tempada, e con motivo das festas patronais de Culleredo, teremos ata tres encontros no pavillón de Tarrío: o noso equipo sénior enfrontarase o venres ás 21:00h ao Calvo Xiria, e o sábado ás 19:00h ao Granitos Ibéricos Carballal, ambos conxuntos de 1ª Nacional, mentres que o noso segundo equipo xuvenil, o Culleredo Óptica Gallaecia, medirá as súas forzas fronte ao Laber Xiria B o sábado ás 17:00h.

Moita sorte a todos eles!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *