
Nova e derradeira entrega desta tempada do “Hoxe coñecemos a…”, no que vos queremos presentar a Brinko Park, unha alternativa de ocio para os/as máis pequenos/as da casa e un punto de confianza donde levar a cabo as celebracións dos máis pequenos e maiores da casa.
En Brinko Park poderás atopar dúas ramas diferenciadas de servizos:
- O ocio infantil, no seu parque infantil, donde os nenos/as de 0 a 12 anos, poderán pasar momentos de diversión.
- A hostelería, coa súa cafetería/restaurante con terraza ao servizo da clientela e o ocio adulto, xa que inclúe tamén unha parte de karaoke e discoteca.
No complexo de Brinko Park contarás con un grupo de ata 18 profesionais ao teu servizo para garantizar que recibes a mellor das atencións en ambas ramas.

Poderás atopalo seu complexo na Avenida de Fonteculler, nº64, donde atoparás unha ampla zona de parking. Durante a semana poderás atopar o complexo aberto nos seguintes horarios:
- Luns a venres: 17:00 - 21:00
- Sábado: 11:00 - Cierre
- Domingo: 11:00 - 21:00
Ademáis do local principal de Fonteculler, poderás atopar un novo local que acaban de abrir na Coruña, na Rúa Maravillas nº26. Este novo local está pensado para facer festas infantís e campamentos para nenos/as de 0 a 8 anos, tendo un aforo máximo de 20 nenos/as.
PARQUE DE OCIO INFANTIL
Dentro do complexo de Brinko Park atoparás un gran parque infantil que cumpre con diferentes servizos como son:
- Parque infantil por horas.
- Organización de cumpreanos e festas infantís.
- Merendas Brinko Park.
- Parque infantil por horas:

Poderás sinxelamente acceder ao parque infantil e disfrutar dos grandes momentos de aventura que este lles ofrece aos nenos/as. Este parque á súa vez está subdividido en dous, atendendo á idade dos nenos/as:
- Baby Park: Para os máis pequenos dos 0 aos 3 anos.
- Brinko Park: Para aqueles nenos/as de 4 a 12 anos.
Nestos parques, os nenos/as poderán atopar elementos que se saen dos dun parque normal e que o fan de maior diversión e aventura para eles como son as piscinas de bolas, colchonetas, camas elásticas e tirolinas interiores.
2. Organización de cumpreanos e festas infantís:

Dentro dos servizos que ofrecen no parque, un dos máis populares e a organización de cumpreanos e festas privadas para os nenos/as, ofrecendo tanto as instalacións de ocio como un variado menú para que a festa sexa completa.
Para facilitar todo isto e ofertarlle á súa clientela o mellor servizo ao mellor prezo, dende Brinko Park contan con diferentes packs preestablecidos que seguro serán do seu interese.
3. Merendas Brinko Park:

Ao longo da semana, dende Brinko Park poderás ofértannos un interesante servizo de merenda para os nenos/as, incluíndo unha hora de acceso ao parque infantil e un agasallo para cada neno/a asistente. Sen dúbida unha merenda diferente e unha forma divertida de pasar unha tarde para os máis pequenos/as da casa.
Dentro do complexo os nenos estarán completamente seguros, con monitores que supervisan a actividade e un circuito cerrado de televisión para controlar que todos os nenos/as disfruten sen problemas das instalacións.

A maiores de todo o dito, hai que destacar que Brinko Park segue crecendo e aumentando a súa oferta de ocio, con sorpresas de cara ao futuro e contando xa con un espazo dedicado aos xogos de Realidade Virtual (VR).

CAFETERÍA / RESTAURANTE
Para poder esperar a que os nenos/as rematen a actividade, poderás esperar cómodamente na cafetería do complexo, que á súa vez funciona como restaurante nos seguintes horarios:
- Venres: en horario de ceas.
- Sábado: en horario de comida e ceas
- Domingo: en horario de comidas.

Ademáis dos servizos de comidas e ceas, dentro desta rama, Brinko Park é tamén unha boa opción para saír a tomar algo na súa espazosa terraza con zona “chill out” e organizar a túa cea ou festa privada.
Non o dudes e contacta con Brinko Park para enterarte de todo o que che pode ofrecer para a túa cea/festa privada, con un espacioso comedor, karaoke, discoteca e como GRAN NOVIDADE, o fotomatón “MAGIC MIRROR” como o que podemos atopar en First Dates.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
- Web: https://brinkopark.es/
- Email: info@brinkopark.com
- Teléfono: 981 977 449
