
Na mañá do sábado, os máis pequenos/as do clube poñíanlle punto e final á tempada 21/22 para o noso clube. Tras un tempo sen poder levalo a cabo por mor da COVID19, este ano puidemos pechala tempada como acostumábamos, co noso tradicional Cullefest de balonmán herba no Burgo.
Dende primeira hora da mañá, máis de 100 nenos e nenas de entre 5 e 11 anos estiveron presentes no Burgo disfrutando do balonmán dunha forma diferente, desputando partidos na herba dos xardíns do paseo do Burgo entre deportistas do noso clube e tamén dos amigos do Arteixo Bm.
Sen dúbida o ambiente que se respiraba este sábado era festivo, tralo gran esforzo feito ao largo da tempada, tocaba facer unha auténtica festa do balonmán e tanto xogadores/as como pais/nais e afeccionados/as ao balonmán non dubidaron en acercarse e vivir esta bonita xornada.

Dentro desta festa do balonmán puidemos ver o bonito deste gran deporte, cos nenos/as competindo e disfrutando á par, amosando que os valores e o futuro do balonmán da contorna están máis que asegurados con estas xeracións que veñen pisando forte!
Ademáis o Cullefest foi unha mostra máis da gran familia que formamos todos os cullerdenses, con pais/nais e xogadores/as colaborando montando pistas, sendo adestradores dos máis pequenos/as, arbitrando e supervisando o correcto funcionamento da xornada. Debemos estar todos moi orgullosos/as sobre todo desos xogadores "maiores" que sempre están dispostos a botar unha man e servir de exemplo para esos pequenos/as para os que son unha referencia.
Agradecer tamén a participación dos nosos amigos do Arteixo Bm, que veu a participar nesta festa do balonmán donde esperamos que disfrutasen dunha fantástica xornada.
A CONTINUACIÓN TEDES O ENLACE ÁS FOTOS FEITAS DESTA XORNADA
https://photos.app.goo.gl/U4bc87PhcH6FupEXA

Quería saber como puedo inscribir a una niña de 9 años, en el club de balonmano. Gracias
Moi boas tardes Ramón, o prazo para inscribir aos máis pequenos aínda non está aberto. En canto se abra publicarémolo nas nosas redes sociais e na web. Un saúdo!