
Unha entrega máis do “Hoxe coñecemos a…” e desta vez queremos presentarvos á empresa que lle da nome a un dos nosos equipos cadetes, Climanosa! Climanosa é a túa empresa de climatización de confianza, na cal poderás atopar diversos servizos de moito interés para o teu fogar ou empresa neste ámbito e un grupo de auténticos profesionais do sector.
Climanosa nace da man de 2 socios que anteriormente traballaban xuntos no sector e que hai ahora 18 anos, deciden iniciar un proxecto xuntos. Para coñecer máis acerca da empresa puidemos falar con Carlos, un desos 2 socios que a fundou e que axudou a que sexa a gran empresa que é na actualidade.
En Climanosa terás un grupo de 22 profesionais traballando nos diferentes departamentos para garantizarche o mellor servizo posible. Á súa vez traballan con un fixo de 3 subcontratas, o que aumenta o número de persoas dispoñibles para atender a toda a súa clientela.

Poderás atopalas súas oficinas no Polígono Industrial de Alvedro, Rúa F, Nº38 ou contactar directamente coas súas oficinas no seguinte horario:
- De luns a venres: 08:30-13:00 e 15:30-18:30
Hai que destacar que Climanosa ofrece os seus servizos tanto a particulares como a empresas, levando a cabo dende pequenas instalacións ata mantementos e instalacións en grandes superficies.
Dentro dos servizos que poderás atopar en Climanosa, cabe destacar:
- Mantemento de ventilación, climatización e calefacción de diversos tipos.
- Instalación de ventilación, climatización e calefacción de diversos tipos.
- Servicio de Asistencia Técnica (SAT) de todo tipo de equipos de climatización e marca.
MANTEMENTO DE VENTILACIÓN, CLIMATIZACIÓN E CALEFACCIÓN
Se tes o teu equipo de ventilación, climatización ou calefacción xa instalado e precisas que se lles faga un mantemento, non o dubides, confía en Climanosa. Coa súa ampla experiencia e os coñecementos dos profesionais de Climanosa, poderán atender a túa demanda.
Máis alá de que fixeran ou non a instalación do propio equipo, están capacitados para poder levar a cabo o mantemento, control e reparación de todo tipo de equipos de ventilación, climatización ou calefacción.
Se no teu fogar queres revisalo estado do equipo, ou hai algo que falla contacta con Climanosa e porán á túa disposición os seus técnicos para solventalo o máis rápido que sexa posible.

INSTALACIÓN DE VENTILACIÓN, CLIMATIZACIÓN E CALEFACCIÓN
Tanto se eres un particular como unha empresa, en Climanosa teñen un amplo abanico de posibilidades e equipos para darche todo aquelo que precises en ventilación, climatización ou calefacción.
Dende o momento no que contactes con eles, darán comezo a un estudo do teu caso, tendo en conta as túas prioridades, necesidades e posibilidades. Para asegurar que todo vai a ir ben, dende Climanosa analizarán a túa vivenda ou local, buscando a forma máis eficiente para responder á túa necesidade e garantizándoche que se adaptará ao que buscas.
Dentro deste tipo de servizos de instalación que ofrece Climanosa, podemos atopar algúns moi demandados últimamente pola súa eficiencia e sustentabilidade:
- Suelo radiante: dende Climanosa encargaranse do deseño e instalación do suelo radiante do teu fogar, sendo este un servizo moi demandado actualmente pola súa alta eficiencia enerxética e comodidade.
- Geotermia: unha tendencia á alza, que ofrecendo unha fonte de enerxía renovable, nos da unha alternativa ao tradicional e que sigue mellorando cada día.
Se estás pensando en levar a cabo algunha instalación na túa vivenda e tes dúbidas contacta con Climanosa e deixa que eles che ensinen todas as alternativas e que che axuden a tomar a mellor decisión para o teu fogar.

SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA MULTIMARCA
Se tes un equipo que precise dunha reparación non te preocupes, xa que o equipo de traballo de Climanosa está capacitado para reparar calquera tipo de equipo de ventilación, climatización e calefacción, independentemente do modelo ou da marca.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
- Web: https://www.climanosa.com/
- Email: climanosa@climanosa.com
- Teléfono: 981 92 25 92
