Saltar ao contido

GRAN PAPEL DO CONTRUPEREIRO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O Balonmán Culleredo Construpereiro viaxaba esta finde de semana pasada a Barakaldo para xogar a primeira fase do Intersector Nacional, para optar por unha praza entre os 8 mellores de España. Esta vez non puido ser ainda que o equipo deu un gran rendemento , acabando empatando a puntos co primeiro clasificado o Balonmán Pereda o campión de Cantabria, recordad que os nosos do Construpereiro viñan de ser terceiros no campionato galego.

O grupo estaba composto polo equipo loca e organizativo o Balonmán Barakaldo , o San Agustín de Valladolid , Balonmán Pereda e os nosos rapaces do Construpereiro.

O primeiro partido disputábase o venres , e os nosos cadetes enfrontábanse o equipo local e campión Vasco, o Barakaldo. Un incio igualado onde o equipo local comezaría dando o primeiro golpe na mesa e collería ventaxas de 2-3 goles , pero co paso dos minutos o equipo culllerdense ía collendo ritmo sobretodo na fase defensiva , isto e un ataque máis organizado , daría ao Construpereiro unha remontada e asi chegar o descanso cunha ventaxa de 2 goles(14-16)o descanso.Na renaudación o equipo local apretou pero o nosos impoñeron o seur ritmo defensivo e a súa velocidade en ataque ata romper o partido , nos últimos minutos o Barakaldo presionou pero ahí o Culle sabe e lle gusta a atacar esas defensas abertas.

O remate do encontro 31-35 e a primeira victoria do sector.

O segundo partido contra os campións Cántabros , o Culle non saiu mentalizado en cumprir o plan de partido e o Pereda xa dende o inicio conseguia goles que o Culle non conseguia, xa que o equipo cántabro estaba a ser superior,16-13 o descanso , moitos goles encaixados na primeira mitade.

Na segunda parte o equipo reactivouse e sacou esa enerxia e espiritu competivo que soe expresar , con iso e orden defensivo chegarianse a poñer a un gol , incluso errando algún lanzamento 1x0 para empatar , pero iso nunca puido chegar e o Pereda distanciariase no marcador sen imposible a remontada. Triunfo moi merecido do equipo cántabro.

34-27 Resultado final.

Isto deixaba todo para a última xornada , todolos equipos con 2 puntos e a xogarse a clasificación no último partido.

O Construpereiro xogaría co Recoletos San Agustín de Valladolid. O partido comezaba a prol do vallisoletanos, cunha gran defensa onde os nosos con moitos erros de lanzamento e algún erro defensivo non conseguían impoñer o seu ritmo e sempre ian por detrás do San Agustín. O descanso chegariase a un 12-16, unha gran desvantaxe se se quere loitar polo premio final. O incio da segunda metade ,a diferencia matiñase nos primeiros 10 minutos pero a aprtir de ahí , o nosos espertaron e apareceu ese espiritu , esa capacidade competitiva , esa rabia , uns compoñentes que si se xuntan neste equipo calquera cousa pode pasar. E así foi , un ha defensa moi presionante e unha fluidez e alegria no ataque conseguián remontar esos 5 goles de desvantaxa e poder poñerse incluso 4 goles arriba e poder asi coneguir a victoria ante o equipo vallisoletano. O Constru conseguia a súa segunda victoria e loitaría por estar no TOP 8 e España. Só habría que esperar a derrota do Pereda cántabro , pero isto non se produciu, e o Construpereiro quedaríase as portas da fase final do campionato de España.

Gran papel dos nosos nesta fase onde o primordial era competir e se fixo gracias o compromiso e esforzo de TODOS os compoñentes de este grupo que levan traballando todo este ano para poder ter este premio final que foi espectacular .

Un fin de tempada que ninguén se podia imaxinar e que puido facerse realidade. Noraboa a todolos compoñentes participantes no campionato e eses xogadores que tamén viaxaron coa expedición dandolles un premio polo bó traballo este ano .

Por parte do Balonmán Construpereiro xogaron:

Marco González, Alejo Martinez,Lucas Sánchez, Adrián Veira, Aaron Blanco, Juanfran Pazos, Marcos Regueiro, Josemi Martinez, David Martinez, Samuel Seijas, Daniel González, Iván Sánchez, Teo Calvo, Antón Pérez, Diego del Río,Anxo Negreira.

Coa expedición e como premio a todo o ano tamén viaxaron :

Álvaro Siso, Nicolás Casal, Iago Vázquez, Rubén Gantes, Bruno Pardo.

Agradecer coma sempre e dándolle moito valor e importancia a tod@s as nais e pais dos xogadores que sen eles non sería posible , grazas polo voso esforzo e compromiso de cada día.

RESULTADOS DO CAMPIONATO:

BALONMÁN BARAKALDO 31-BALONMÁN CULLEREDO CONTRUPEREIRO 35

CADETE PEREDA 34- BALONMÁN CULLEREDO CONTRUPEREIRO 27

BALONMÁN CULLEREDO CONTRUPEREIRO 31 - RECOLETOS SAN AGUSTÍN 26

FORZA CULLE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *