Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

BM.CULLEREDO VS HOSPITAL CAPILAR POIO ARTAI

Unha vez máis, a gran festa do balonmán chega ao pavillón de Tarrío. Outra Final Four, esta vez a da Copa Sponsor, celebrarase no polideportivo cullerdense, aglutinando aos mellores conxuntos masculinos e femininos de toda Galicia. O BM.Culleredo sairá a escena ante o Hospital Capilar Poio Artai o sábado ás 20:00h, na que será unha semifinal de infarto entre dous equipos que xa saben o que é saír vitoriosos desta confrontación na actual tempada. Os cullerdenses, que teñen un balance favorable de 2 a 1, tentarán facer bo o dito que non hai dous sen tres e conseguir unha nueva vitoria que lles outorgue o billete para a final de Domingo ás 18:30.

BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO AL CAMPEONATO DE ESPAÑA

Nova cita ilusionante e de altas esixencias para os cadetes do BM.Culleredo Construpereiro, que esta fin de semana viaxan a Barakaldo para disputar o intersector do campionato de España ate o conxunto local; BM.Barakaldo (Venres 27 Maio ás 18:00h), BM.Pereda de Cantabria (Sábado 28 de Maio ás 16:30h) e Recoletos San Agustín de Castela León (Domingo 29 de Maio ás 10:00h). Os cullerdenses, que cumpriron moi por encima os obxectivos deste ano clasificándose para a Final Four autonómica e para este intersector nacional cun equipo na súa maioría de primeiro ano, afrontan a cita sen ningunha presión e cunha ilusión desbordante por poder seguir facendo historia. Nada que perder e todo por gañar, é o lema dun conxunto que ano tras ano está a dar un exemplo de competitividade que lles levou a contar as súas participacións en liga con clasificacións consecutivas para os diferentes campionatos nacionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *