Saltar ao contido

O RAFERGAL SOFRE ANTE UN SAR COAS IDEAS CLARAS

O Rafergal  non puido, como era previsible polos resultados na competición ligueira, co  Sar aínda co equipo cullerdense aguantou ben na primeira parte e ata ben entrada a segunda parte o rival non se puido distanciar con claridade no marcador. 

O conxunto redondelano comenzou ben no partido mandando no electrónico ata os primeros diez minutos, onde o equipo da casa reduciu distancias. Pero a partir de ahí o Sar xa comezou a facer efectivo seu potencial ofensivo, e pasou a dominar e xogar con moita rapidez en todas a súas accións desbordando con facilidade o equipo local, que non podía parar a avalancha visitante.

O Balonmán Culleredo non baixou os brazos e aguantou ata ben entrada a primera parte e a ventaxa que tivo no electrónico o conxunto redondelano a neutralizó en varias ocasions empatando o partido , con boas actuacions na defensa o equipo de Rafergal . Os últimos dez minutos xa foron para o Sar, que logrou unha renta de goles ampla. Pero plantou cara o conxunto local, que non quería deixar marcharse no marcador o seu rival pelexando ata o final do partido nun intercambio de goles ata o asubio final.

Agora si o equipo Xuvenil Femenino do Rafergal termiña as competicións desta tempada finalizando os entrenos a finais de Xunio.

BM CULLEREDO RAFERGAL 23 (11-12): Diana Dozo Dominguez ,Carla Bello Lopez (4), Marina Rodriguez Fernandez (1), Aitana Tasende Doming Uez (2), Adriana Antonio Costela , Maria Bescansa Alcoba, Lucia Ponte Diaz, Paula Valderrabano Codesal (8), Candela Puga Presedo, Adela Areoso Lopez, Lucia Sanchez Toimil (1), Carlota Rodriguez Ramallo(6), Marta Valderrabano Codesal (1)

SAR RODAVIGO 29 (14-15): Aitana Fernandez Darriba ,Julia Gonzalez Lopez (2), Antia Novelle Molares (4), Maria Gonzalez Rodriguez (3), Eva Rodriguez Alonso (11), Nerea Novelle Molares (3), Iria Dominguez Pazo (1), Alejandra Bujan Rodriguez (3), Olaia Piñeiro Lopez, Paula Crespo Lago, Alba Perez Lago (2), Uxia Garcia Perez

Parcial cada 5 minutos: 0-3/2-6/3-6/7-8/9-11/11-14 Descanso 12-17/12-18/16-20/18-23/20-26/ 23-29 Final

Colexiados: Jose Henrique Folgoso Capelo E Uxia Mariño Gómez

Incidencias: Cuartos de final da Copa Sponsor celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 50 persoas aproximadamente de público

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *