Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CLASIFÍCASE DE FORMA INMACULADA PARA A FINAL FOUR DE COPA SPONSOR

Líder do grupo B da Copa, con todos os seus partidos gañados e cunha diferenza de goles de máis 103, o BM.Culleredo cerra unha fase de grupos inmaculada e incontestable, clasificándose para a gran festa do balonmán que suporá a Final Four desta competición a semana que vén no pavillón de Tarrío.
Os cullerdenses afrontaban este último envite xa clasificados, pero desexaban facelo coa marcadora de puntos completa e ante un magnífico rival como o Acanor ATL. Novás, que ademais se xogaba a posibilidade de clasificarse para esa final a catro en caso de vitoria.
O encontro comezou cos rosaleiros moi vigorosos ante o seu público, comandando no electrónico e apostados nunha 6:0 contundente, difícil de superar. Non sería ata os últimos cinco minutos do primeiro acto cando os de Culleredo adiantaríanse no marcador (13-14), aínda que estes, despois de ser pacientes e madurar o partido, aproveitarían as súas xa clásicas rotacións e o alto ritmo para finalizar o primeiro tempo cun último 3-5 de parcial e chegar ao descanso vencendo por 16-19.
Na continuación, o BM.Culleredo xa sería amo e señor do encontro, ampliando a diferenza a medida que avanzaban os minutos e impoñendose de forma clara a bo conxunto de O Rosal, sempre intenso e combativo, por unha cómda diferenza (27-35).

Acanor ATL, Novás: 27 (16 + 11). Diego José Iglesias (2), Alejandro Dorado (1), Manuel Dorna (1), Carlos Alonso, Santiago Sanjuan, Pablo Carrera (3), Pablo Alonso (4), Adrián Carrera (2), Jorge González (1), Yago Alonso, Alejandro López (2), Aitor Rodríguez, Martín Giráldez, Yasir Martínez (6), Rubén López (5), Mateo Barbosa.

BM. Culleredo: 35 (19 + 16).  Oscar Bello (p), Alberto Catoira (2), Martín ínsua, Carlos Costa (1), Miguel Casal (3), Álvaro Fdez (4), Dani Del Río (2), Marcos Vázquez (4), Iago Ferreiro (2), Senén Garea (2), Diego Gago (1), Nuno Loxo (1), Mario Crecente (4), Darío Pérez (1), Aresi Rosende (4), Adrián Díaz (4).

Parciais cada 5´: 4-2 / 5-5 / 7-7 / 11-10 / 13-14 / 16-19 / Descanso / 16-21 / 19-25 / 21-26 / 24-29 / 27-32 / 27-35 / Final.

Árbitros : Oscar Fdez e Carlls Calvar. Sen complicacións.

Incidencias:  Derradeira xornada no grupo B da Copa Sponsor na 1ª autonómica masculina. Partido disputado no municipal do Rosal coa presenza dos sempre animosos siareiros rosaleiros..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *