O BM.Culleredo Despreocúpate.es, disputou onte sábado na Estrada unha das semifinais de Copa Galicia, neste caso, ante o todopoderoso Cisne Colegio Los Sauces, actual campión galego da categoría. O envite presentábase por tanto, canto menos complexo e os cullerdenses partían coa ilusión de conseguir unha nota alta ante tan esixente rival.
Nun partido no que o ritmo foi típico de final de tempada, con dous conxuntos coas enerxías tocando xa a reserva, o BM.Culleredo competíu con absoluto descaro en pos dun triunfo que lles clasificase para a final do torneo. As diferenzas foron mínimas a favor dos da cidade do Lerez, que a pesar de manterse por diante ao longo dos primeiros trinta minutos, nunca foron capaces de establecer unha renda maior aos catro goles, xustamente a que conseguirían cando o asubío final, anunciaba o tempo de descanso (9-13).
Primeiros cinco minutos do segundo acto e un 4-1 de parcial para o cullerdenses restablecían a mínima distancia e informaba aos de Pontevedra que aquilo non estaba nin moito menos rematado. A partir de aquí, a batalla aumentaría en tensión e incertidume, xa que os algarismos non resultaban máis aló dun gol de diferenza para ningún de ambos os conxuntos. Sobrepasado o cuarto de hora e xa adentrándonos na recta final do encontro, os de Culleredo parecían acariñar a posibilidade da vitoria e é que conseguían adiantarse por dous goles de diferenza. No entanto, o Cisne sacaría todo o seu potencial para darlle a volta ao marcador e entrar nun último tramo de infarto. Nos cinco minutos finais, un arreón do conxunto pontevedrés outorgáballe xa unha distancia insalvable de catro goles que definitivamente e tras un penalti fallado polo BM.Culleredo, lles otorgabala a vitoria e o pase á Final desta Copa Galicia.
BM. Culleredo Despreocúpate.es: 21(9+13). Jorge López (p), Iván Manzo (P) (1), Martín Ínsua (3), Kidus (2), Bruno Pardo (1), Iago Chao, Shaiel (3), Adrián Veira, Nicolás Pérez (2), Nuno Loxo (5), Gonzalo (1), Senén Garea (2), Alejo, David Martínez (1), Samuel Seijas.
BM.Cisne Colegio Los Sauces: 25 (13+12). Luis Fdez, Pablo Fdez, Salvador Montes (1), Manuel Torres (3), Iker Latas, Enrique Lorenzo, Eber Dacosta (1), Miguel Pérez (1), Miguel Sierra (1), Morales (2), Hugo, Marko (2), Abián, Martín (6), Denis (2), Ocaña (4), Vicente E. (1), Sequeiros (1).
Parciais cada 5´: 1-3 / 2-3 / 5-7 / 5-9 / 9-10 / 9-13 / Descanso / 13-14 / 14-15 / 16-17 / 18-19 / 20-22 / 21-25 / Final.
Colexiados: Sergio Murillo e José López.
Incidencias: Encontro de semifinais da Copa Galicia disputado no pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada.
Fotos do encontro no seguinte enlace: