Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Montse Pardo Peluqueros!

Temos unha nova entrega do “Hoxe coñecemos a…”, no que queremos presentarvos Montse Pardo peluqueros, a túa peluquería unisex de confianza e con anos de experiencia, da que seguro que saes máis que content@!

Ademáis dos servizos de peluquería, poderás contar con servizos de estética básica, sendo atendid@ por unha das profesionais que forman parte das 11 membros que conforman o equipo de Montse Pardo peluqueros.

ORIXE DE MONTSE PARDO PELUQUEROS

Para poder coñecer máis acerca de Montse Pardo peluqueros, tivemos o pracer de conversar coa responsable destos locais, Montse Pardo, con unha longa traxectoria como peluqueira e unha tremenda vocación por este oficio.

Montse leva dende os 17 anos coas tesoiras nas mans, facendo un traballo polo que sente verdadeira vocación pasando por diferentes peluquerías, tanto en Coruña, como durante un tempo en Zaragoza.

Tras pasar un tempo traballando en Zaragoza e voltar a terras galegas, xúrdelle a posibilidade de facerse cargo da peluquería donde traballaba dende había un tempo e decide aventurarse e seguir pola súa conta con esta peluquería, sacando adiante con éxito a peluquería.

Con todo estabilizado e funcionando ben no local da Coruña, fai pouco máis de un ano, aparécelle unha nova oportunidade, un novo local en Santa Cruz co que decide aventurarse e probar sorte, sendo un éxito rotundo e tendo agora 2 locais cos que seguir crecendo.

¡PROMOCIÓN ESPECIAL!

Dende hoxe e ata o 18 de xuño non te perdas a súa oferta especial dun 15% de desconto en todos os productos Kérastase que podes atopar nos seus locais.

SERVIZOS

Montse Pardo peluqueros, ofrece servizos similares en ambos locais, tendo os 2 en común as seguintes características:

  1. Servizo de peluquería completo, todo o que precises.
  2. Promocións de luns a xoves (excepto vísperas de festivos), tendo prezos máis asequibles.
  3. Servizos de estética básica, como poden ser: manicura, pedicura, depilación ou lifting e tinte de pestañas.

Ademáis destos 3 puntos en común, hai algo moi importante e que a diferencia da maioría das peluquerías, que ofrecen a maior parte dos seus servizos a domicilio se o precisas. Desta forma fai máis fácil o servizo a aquelas persoas, que por algún motivo teñan moi difícil acudir ao local, se o precisas simplemente chama e pregunta sen dubidalo.

Dentro de ambos locais poderemos atopar algunhas pequenas diferenzas, polo que vos deixamos a continuación toda a información acerca dos 2 locais aos que poderedes ir.

A CORUÑA

Poderemos atopar este local na Avenida de Oza nº96, aberto nos seguintes horarios:

  • De luns a venres (09:00-21:00).
  • Sábado (09:00-14:00).

Como peculiaridade, hai que destacar que neste local non se pide cita previa, o método é tan sinxelo como chegar e coller un número para ser atendid@, unha forma dinámica e coa que poder adaptarse a esas persoas que precisan encontrar un oco nun momento exacto do seu día.

A maiores dos servizos anteriormente mencionados, neste local poderás atopar solárium vertical e horizontal.

SANTA CRUZ

Poderemos atopar este local na Rúa Repicho nº21 baixo, aberto nos seguintes horarios:

  • Luns, mércores e xoves (09:30-19:00).
  • Martes (09:30-13:30).
  • Sábados (09:30-14:00).

Neste local de Montse Pardo peluqueros sí é preciso pedir cita previa, ofertando todos os servizos antes mencionados a excepción do solárium, que soamente está dispoñible no local da Coruña.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Teléfono Coruña: 981 138 299
  • Teléfono Santa Cruz: 981 626 305

Un comentario en “Hoxe coñecemos a… Montse Pardo Peluqueros!

  1. Cristina facal

    Montse Pardo, es una gran profesional y una gran persona me encanta ver su publicación de hoy se lo merece

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *