
Aquí vos traemos unha nova entrega do “Hoxe coñecemos a…” no que queremos presentarvos a Clínica Moviliza, unha clínica sanitaria con xa 7 anos de experiencia ao teu servizo para coidar do teu corpo.
A Clínica Moviliza foi fundado por Minia Canedo e actualmente está formada por un equipo de 6 profesionais de diferentes ámbitos da saúde:
- Terapia ocupacional.
- Psicoloxía.
- Logopedia.
- Dietética e nutrición.
Como novidade importante, cabe destacar que dende a Clínica Moviliza ofrecen todas as facilidades para que todo o que sexa posible, se a persoa usuaria o precisa, se faga de forma online ou incluso desprazando un equipo ao domicilio da persoa usuaria. A pesares diso, sempre poderedes atopar estos servizos e varios máis na súa clínica en Avenida Rosalía Castro, 52, 15179 Oleiros, no seguinte horario:
- De luns a venres de 09:00-13:30 e 16:30-21:30.
TERAPIA OCUPACIONAL
Dende a Clínica Moviliza contarás con profesionais experimentados que atoparán a forma de abordar correctamente a túa doenza. De entre as diferentes situacións que poden abordar co servizo de terapia ocupacional podemos atoparnos por exemplo:
- Rehabilitación do membro superior (incluíndo cervicais, hombro, brazo, codo, antebrazo, muñeca man e dedos).
- Escola de espalda (para mellorar a saúde da túa espalda).
- Dor persistente (axudando a manexar a dor).
- Embarazo / Post-parto (Preparar o corpo para o parto e para superalo o mellor posible).
Dentro deste ámbito, cabe destacar a apertura do departamento de rehabilitación do membro superior, donde a maiores da ampla formación dos seus terapeutas, contan coa formación dunha gran especialista a nivel internacional, Agustina Davalos. Asegurando desta forma que as persoas usuarias obteñen a mellor das atencións durante a sua intervención. Como o seu nome indica, dende a Clínica Moviliza, utilizan o movemento para tratar os problemas das persoas usuarias, usando concretamente o pilates como ferramenta para dar un correcto equilibrio físico e mental.

PSICOLOXÍA
Dentro da Clínica Moviliza poderás atopalo departamento de psicoloxía, donde buscarán a terapia que precises para axudarche a superar a túa doenza, adaptándose completamente ás túas necesidades.
Dentro dos principais servizos que poderás atopar neste departamento podemos destacar:
- Terapia individual: mellorando a túa calidade de vida mediante a xestión de cambios significativos na túa actitude, pensamentos, emocións e/ou conducta.
- Terapia infantil e xuvenil: axudando aos máis pequenos e aos adolescentes a superar todas as problemáticas da súa etapa e a estar mellor co seu entorno.
- Terapia de grupo: a forma de abordar calquera problemática que xurda nun grupo de persoas.
- Terapia de parexa: mellora as dinámicas e as formas de actuar desfavorables que inestabilidade e malestar á parexa.

LOGOPEDIA
Na Clínica Moviliza poderás atopar solución a aqueles trastornos comunicativos que ti ou os teus esteades a pasar. Dende o seu departamento de Logopedia poderán estudiar, prever, detectar, evaluar, diagnosticar e intervir ante calquera trastorno da comunicación, como poden ser:
- Alteracións da voz.
- Alteracións da audición.
- Alteracións da fala.
- Alteracións da lingua, xa sexa oral ou escrita.
- Alteracións das funcións orofaciales e deglutorias.
Ante calquera trastorno deste tipo contacta coa Clínica Moviliza e o seu equipo encargarase de acompañarte e axudarche durante todo o proceso, da forma máis cercana e profesional.

DIETÉTICA E NUTRICIÓN
Se precisas axuda coa túa alimentación ou tes dúbidas acerca de calquera aspecto neste ámbito, non o dubides, contacta coa Clínica Moviliza e deixa que te asesoren.
Moitas veces pequenos cambios nos nosos hábitos de alimentación poden marcar unha gran diferenza na nosa saúde, da o paso xa e coida do teu corpo.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
- Web: https://clinicamoviliza.es/
- Email: info@clinicamoviliza.es
- Teléfono: 881 24 77 57 / 688 92 34 88
