Saltar ao contido

GRAN ESFORZO SEN RECOMPENSA DO XM ÓPTICAGALLAECIA PARA REMATAR A TEMPADA.

O pasado domingo o xuvenil de liga para, o Óptica Gallaecia, recibía ao Laber Xiria A, no marco da copa sponsor da FGBM.

Partido moi complicado para os cullerdenses que foron por debaixo no marcador todo o encontro, malia iso foron quen de plantar cara a un rival de alto nivel que compite na liga oro. O partido comezaba mermado para os nosos que non eran quen de frear as constantes envestidas en segunda e primeira ondada dos carballeses, e cun ataque espeso que non conseguía abrir a defensa rival, acadando tan 7 tantos nos primeiros 30 minutos.

Tralo descanso, os nosos eran conscientes de que fora cal fora o resultado, había que saír do pabellón con boas sensancións e contentos polo traballo realizado, xa que nos atopábamos no último envite da tempada. Mono de traballo posto, os cullerdenses conseguían provocar erros no ataque rival, amosando unha actitude defensiva moito máis intensa e con garra. Estes erros eran aproveitados polos nosos en forma de transicións rápidas á porteria carballesa, amosando o que levan adetrando todo o ano. O esforzo non foi suficiente para poñernos por enrriba no electrónico, pero si foi suficiente para amosarnos a todos o gran grupo que é este xuvenil de prata, no que moitos dos compoñentes a seguinte tempada, abandonarán a categoría xuvenil para pasar á senior, de seguro seguirán dándonos alegrías. Destacar a participación neste encontro de Álvaro Siso, que sendo cadete de primeiro ano, debutou nesta categoría coma un xuvenil máis e non so iso, anotou catro tantos para os de Culle. Noraboa Álvaro!!!!

Noraboa a todos os xuvenís deste grupo polo traballo realizado todo o ano, máis aos cadetes que nos axudaron a facer número e sobre todo a facer grupo. Iván, Javi, Victor, Shaiel, Nico, Álvaro, Kidus, Guille, Fariña, Bescansa, Gerpe, Marcos, Teo, Álvaro, Rubio, Xoel, Aarón, Antón, Anxo, Diego, Ivi....... Grazas!!!

FORZACULLE!!!!!!!

BmCulle: Nico 2, Álvaro Siso 4, Kidus 9, Gerpe 2, Shaiel 1, Xoel 1, Álvaro del Busto 2, Victor, Javi, Iván.

PARCIAIS CADA 5':

0-5/ 2-9/ 4-12/ 4-12/ 5-15/ 6-18/ 7-22/ desc./ 9-25/ 10-29/ 15-32/ 17-34/ 20-37/ 22-38/ final

ARBITRAXE:

Uxía e Angel Mateos

INCIDENCIAS:

Derradeiro encontro da copa sponsor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *