Saltar ao contido

FINAL FOUR CADETE MASCULINO: NOVO ÉXITO DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO QUE SE CLASIFICA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

Fin se semana de ilusión para o conxunto cadete BM.Culleredo Construpereiro, que acaba de conseguir praza para o campionato de España na Final Four disputada en Lalín.
Si o éxito dun equipo cadete formado na súa maioría por xogadores de primeiro ano e rompendo por tanto os prognósticos de favoritismo á hora de plantarse na Final Four xa nos parecía máis que sobresainte, o que estes nenos conseguiron esta fin de semana sacando billete para o campionato de España, é realmente digno de mención. Nun marco incomparable e maxestoso como é o Lalín Arena, os cadetes de Culleredo conseguiron a gran xesta na semifinal do sábado ante o BM.Carballal, cando nun partido que se lles puxo moi costa arriba chegando a perder ata de 9 goles de diferenza, conseguían remontalo nun segundo acto repleto de compromiso, fé e espírito competitivo. O cambio defensivo, as rotacións e unha demostración de vigor físico nos segundos trinta minutos, deixaban atrás as dúbidas e os nervios iniciais para converterse en baluarte dunha vitoria e, polo tanto, atar o premio gordo, que non era outro que uno dos billetes para disputar o próximo campionato de España. Agora, só quedaba rematar a faena disputando a gran final ante o anfitrión, o BM.Lalín ,o Domingo ás 17:30.
Nun encontro similar ao do día anterior, onde os locais tomaron a iniciativa no marcador desde os comezos, o BM.Culleredo non atopaba as súas mellores sensacións e non despregaba o seu mellor xogo, erráticos en ataque e débiles en defensa, encaixando xa 21 goles ao termo do primeiro acto. Sería na segunda parte e de novo cunha defensa profunda, presionante, onde os cullerdenses volverían rozar a xesta do día anterior, chegando a poñerse a tan só un gol a falta de trinta segundos. Ao final, 33-34 favorable a Lalín nun encontro vibrante e digno dunha Final, dignificando a gran tempada de ambos os equipos e a súa clasificación para o nacional.
A maiores, destacar o enorme recoñecemento a Marco González Abad, porteiro do BM.Culleredo Construpereiro, como mellor xogador desta Final Four e o gran número de afeccionados do BM.Culleredo; pais, nais, xogadores e xogadoras do clube que acudiron o fin de semana nun número considerable para apoiar e disfrutar con estos rapaces.

SEMIFINAL: FOOTPUS AD. CARBALLAL: 28 (17+11) - BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO: 30 (13+17)

Polo BM.Culleredo Construpereiro xogaron e marcaron:

Marco (p), Lucas (1), Aarón (1), Marcos Regueiro, Josemi (1), Iván (3), Adrián (2), Samuel (13), Dani, David (2), Nico, Antón, Diego (1), Juanfran, Anxo, Alejo (6).

Parciais cada 5´: 2-3 / 6-4 / 8-4 / 12-6 / 14-10 / 17-13 / DESCANSO / 21-15 / 23-19 / 24-22 / 25-24 / 26-28 / 28-30

FINAL: BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO: 33 (15+18) - UPI INFORMÁTICA LALÍN: 34 (21+13)

Polo BM.Culleredo Construpereiro xogaron e marcaron:

Marco (p), Lucas (2), Aarón (1), Marcos Regueiro (2), Iago, Iván (5), Adrián (5), Samuel (5), Dani (3), David (1), Nico (1), Antón (1), Diego, Juanfran, Teo (3), Alejo (4).

Parciais cada 5´: 3-5 / 6-10 / 8-13 / 10-17 / 10-19 / 15-21 / DESCANSO / 18-23 / 20-25 / 22-28 / 25-30 / 28-32 / 33-34

O noso porteiro Marco, nomeado mellor xogador da Final 4:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *