
De forma inmaculada e cunha contundencia evidente, o BM.Culleredo suma un éxito máis e clasifícase para a Final Four da Copa que se celebrará a última fin de semana de Maio. O logro, fraguouse no encontro do pasado sábado que enfrontaba aos cullerdenses co Carballal de Vigo no municipal de Almeiras. Foi un exercicio de auténtica superioridade balonmanística no marco do partido IGF, outra das empresas que colabora e patrocina, facendo posible que o proxecto do club siga o seu camiño exitoso, tanto en base como no primeiro equipo. Francisco Javier Del Busto González, cabeza visible de IGF, é ademais un membro activo da familia do BM.Culleredo, non só achegando o seu gran de area a través da súa empresa, senón ademais, facéndoo como delegado do equipo xuvenil de DHP do club, no cal participa o seu fillo Álvaro. Presente no encontro entre o BM.Culleredo e Granitos Ibéricos Carballal, foi testemuña da gran superioridade demostrada no xogo e no electrónico por parte dos locais.
O partido en si non tivo historia e é que os de Culleredo impuxeron un ritmo frenético que foi imposible de asimilar por parte do seu rival. Desde os primeiros instantes, as diferenzas serían máis que palpables e o 11-4 que reflectía o electrónico ao seu paso polo minuto dez, constataba e vaticinaba dalgunha forma, o desenlace posterior. Co encontro totalmente decidido tras o primeiros trinta minutos (26-12), os dous conxuntos dedicáronse a cubrir o trámite na continuación. Unha segunda parte na que, co paso dos minutos e a acumulación de fatiga no cadro dos olívicos, os algarismos irían aumentando ata ese resultado final que daba o pase á Final Four ao conxunto de Culleredo.
BM. Culleredo: 52 (26 + 26). Oscar Bello (p) (2), Cristian Vigo (p), Carlos Costa, Miguel Casal (9), Mario Crecente (9), Iago Franco (3), Daniel Del Río (3), Marcos Vázquez (1), Dani Salvador (3), Darío Pérez (6), Álvaro Fdez (4), Iago Ferreiro (6), Juanchi (1), Adrián Díaz (5).
Granitos Ibéricos Carballal: 18 (12 + 6) . José Gregores, Samuel Rodríguez (6), Jonathan Patiño (1), Pablo Vilaboa (3), Abel Carreira (4), Lois Castro, Pedro Abad (1), Carlos Rey, Blas Cabaleiro (1), Lucas Castro (2).
Parciais cada 5´: 5-2 / 11-4 / 14-6 / 18-9 / 21-12 / 26-12 / Descanso / 30-13 / 35-13 / 40-16 / 43-18 / 48-18 / 52-18 / Final
Árbitros : Henrique Folgoso e Iván Hernández.
Incidencias: Partido correspondente a xornada 5 do grupo B da Copa Sponsor. Encontro disputado no municipal de Almeiras na mañán soleada do pasado Sábado.
