Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada importantísima para os nosos cadetes, que tras un gran esforzo, esta fin de semana desputarán a súa Final4. Coa competición xa rematada nunha parte das categorías e dando os últimos pasos no resto, queda pouco balonmán por disfrutar esta tempada, aproveita e non te perdas estos derradeiros encontros.

(CM) FOOTPLUS A.D. CARBALLAL VS BM. CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Cita importantísima a que ten este fin de semana o BM.Culleredo Construpereiro no marco da Final Four da categoría. O próximo sábado, os cullerdenses terán a súa primeira proba de fogo ante o conxunto olívico do Carballal. No caso de vitoria, o conxunto de Culleredo conseguirá billete directo para o intersector nacional, ademáis do seu pase a gran final do Domingo. Nos seus enfrontamentos na liga regular, cada conxunto conseguíu unha vitoria a domicilio e cada unha delas foi por tan só un gol e con guarismos moi elevados. Todo isto fala da igualdade que se prevé no partido do sábado (12:30 no pavillón Lalín Arena), a  bo seguro que nos terá en vilo ata o instante final.

PREVIA POR FERNANDO VÁZQUEZ: https://youtu.be/GOcWlXA9pnw

(XM) OAR CIUDAD VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Segundo encontro da Copa Sponsor en categoría xuvenil para o Despreocúpate.es e tamén segundo derbi en outras tantas semanas. Neste caso, os cullerdenses tentarán, na súa visita ao pavillón San Francisco Javier da Coruña, conseguir os dous puntos, tal e como xa fixeran a pasada semana fronte aos vecinos de Arteixo. No caso de ter éxito no seu obxectivo, os de Culleredo acadarían, de xeito matemático, o primeiro posto no seu grupo. O partido terá lugar as 16:30 do próximo sábado.

(SM) BM. CULLEREDO VS GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL

Despois da contundente vitoria da semana pasada en Pontedeume no marco da Copa Sponsor, o BM.Culleredo ten posto un pé na Final Four desta competición, pero para asegurar este feito, desexa conseguir un novo triunfo ante o conxunto olívico do BM.Carballal. Os cullerdenses, que ademáis pretenden agradar co seu xogo aos seus seguidores, recibirán as 17:00h do próximo sábado no pavillón de Tarrío a un conxunto, o de Vigo, que pecha a táboa clasificatoria do grupo A de esta Copa Sponsor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *