Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, VENCE CON CLARIDADE AO ARTEIXO BM.

Non foi un gran partido o disputado o pasado sábado no municipal de Almeiras entre o BM.Culleredo Despreocúpate.es e o Maruxía Asesores Arteixo BM. Pouco balonmán, escaso xogo colectivo e ningunha incertidume nun encontro dentro do marco da Copa Sponsor, que estaba resolto na primeira medida hora cun marcador favorable aos locais por 18-9.
Os de Culleredo adoeceron en xeral e nos instantes iniciais en particular, de comenzar o envite con pouca intensidade e falta de concentración, feitos que se reflectían especialmente na indolencia e ineficacia defensiva ante os 1x1 do conxunto rival. A pesar de que o equipo estaba moi distante da imaxe dada nos últimos enfrontamentos de liga, a superioridade física e técnica bastaba aos cullerdenses para dominar o electrónico con comodidade e sen sobresaltos. No momento no que foron capaces de sumar varias defensas de forma consecutiva, a velocidade ao contragolpe abría brecha co seu rival, chegando ao tempo de descanso con esa vantaxe incontestable que dobraba aos veciños de Arteixo no marcador (18-9).
A segunda parte transcorreu sen sobresalto algún para o BM.Culleredo, que simplemente se limitou a cubrir o trámite e, aproveitando a diferenza que existía, controlar os tempos para alzarse cos dous puntos en xogo á espera do segundo derbi que será a semana que vén ante o OAR da Coruña.

Destacar neste encontro, a participación activa con nota alta de seis xogadores en edad cadete, casi a metade do equipo, catro deles ademáis de primeiro ano.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 36 (18+18) - Maruxía Asesores Arteixo BM: 26 (9 + 17).

Polo BMCulleredo Despreocúpate.es xogaron: Jorge López (P), Xoel (2), Martín ínsua (5), Lucas Sánchez, Mateo Díaz (2), Nuno Loxo (5), Samuel Seijas (2), Adrián Veira, Alejo Martínez (3), Nico Pérez (5), Josemi Martínez (3), David Martínez (2), Gonzalo Palleiro (7),

Parciais cada 5´: 4-2 / 6-4 / 10-6 / 12-7 /14-9 / 18-9 / DESCANSO / 21-12 / 25-15 / 27-17 / 29-20 / 32-24 / 36-26 / FINAL.

Fotos do encontro na seguinte ligazón:

https://photos.google.com/share/AF1QipNJOP4V1DSxcdriClo5HzTd1K3WzU0-lhJvDPQi6lirpgjtHCPVrnA-0f50VeFtMg?key=WGtEaWM5bjRka1RZYUlkTHQ1Qnp6NllSVmh5aUpB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *