Saltar ao contido

RETORNO A UNHA COMPETICIÓN

O Rafergal logo dun paron por mor da finalización do Campeonato De Liga De Ouro 21/22 volvía as pistas.

Fronte o Brigantium , veciño de provincia e por proximidade o derbi comarcal. Logo da experiencia adquirida na anterior competición , as cullerdenses chegaban a Almeiras con ilusión e destreza ante un equipo coñecido polas rapazas.

O comezo do partido non foi moi bo para as da casa que sen a penas darse conta o rival xa estaba adiantado no marcador a penas transcurridos tres minutos de xogos. Había que facer axustes ofensivos e asi conseguir frealo brigantium que non perdoaba nin unha.

A medida que pasaba o tempo os dous equipos daban a coñecer a súa estratexia, de ahí que as diferenzas no marcador foran mínimas e non decantara o marcador nin para un lado nin para outro . o descanso o luminoso reflexaba 11-11.

Na segunda parte había que meter un pouco máis de ritmo , e así foi. As accións de xogo eran máis fluidas e a defensa co cambio a 5:1 conseguía frear un pouco máis os ataques do rival.

O Rafergal conseguía abrir unha pequena brecha de 3 goles que foron moi útiles no tramo final do encontró. O Brigantium a penas sen tempo conseguían acurtar distancias pero de esta vez o equipo local conseguía manterse e levar unha victoria pola mínima e os dous puntos para o seu casilleiro.

BM. Culleredo Rafergal 21 (11+10):Diana Dozo Dominguez ,Aitana Tasende Dominguez (1), Adriana Antonio Costela , Aroa Barbeito Casas , Lucia Ponte Diaz (2), Paula Valderrabano Codesal (4), Carla Estraviz Suarez, Adela Areoso Lopez (2), Lucia Sanchez Toimil (1), Lucia Santiso Castro (1), Carlota Rodriguez Ramallo (5), Ines Martinez Mosquera ,Paula Vidal Rouco (2), Marta Valderrabano Codesal (3)

Bm Brigantium Epticom 20 (10+10): Natalia Mendez Vazquez (2), Sara Fuentes Rodriguez (4), Martina Regueiro Insua, Sandra Rodriguez Lopez (1), Sofia Guerreiro Corral , Azucena Reboredo Martinez ,Natalia Martinez Garcia (8), Britnney Altagracia Gonzalez Mueses , Irene Pacheco Luzar , Lucia Lema Corral (5)

Parcial cada 5 minutos:3-3/5-5/7-6/9-8/11-8/11-11 Descanso 12-12/13-14/17-16/18-18/19-18/21-20 Final

Colexiados: Angel Mateos Alonso e Ivan Alfonso Pazos

Incidencias: 1ª Xornada da copa sponsor celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 20 persoas aproximadamente de público

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *