
O BM.Culleredo retomaba a competición da Copa Sponsor despois de varios meses de parón nos que se estivo desenvolvendo a liga regular de primeira autonómica. Os cullerdenses, líderes do grupo B de a competición cos seus tres partidos gañados, viaxaban á veciña Pontedeume coa ilusión de conseguir un novo resultado positivo, sabedores das dificultades que sempre entraña o conxunto ferrolán, especialmente cando actúan como locais.
Comezaron os de Culleredo moi serios o envite, ben situados en defensa, con boa mobilidade de pernas e atentos ás situacións de 1x1. A velocidade ao contragolpe, unha das armas do BM.Culleredo, tamén estaba a funcionar de forma notable e, tanto na primeira como na segunda onda, sacábase redito para conseguir as primeiras vantaxes no marcador e obrigar ao adestrador local a solicitar o seu primeiro tempo morto, xa que a diferenza ampliábase de forma notable no minuto dez (2-9). A pesar do minuto de pausa para ordenar ao seu equipo, o conxunto de Pontedeume non atoparía o camiño á reacción e os de Culleredo seguirían ampliando os algarismos para terminar o primeiro tempo dominando con claridade, tanto no xogo como no marcador (10-18).
Pouca historia tivo o segundo acto, xa que co paso dos minutos e as rotacións, o BM.Culleredo ampliaría paulatinamente a distancia con respecto a un rival ao que lle irían fallando as forzas e a enerxía debido ao alto ritmo imposto. Desta forma, o BM.Culleredo consegue un triunfo importante que lles deixa a un paso da clasificación para unha nova Final Four, neste caso, a da Copa Sponsor.
BM. Dispensán Café Pontedeume: 22 (10+12). Bruno López (1), Pablo López (3), Alejandro Sánchez (5), José López (1), Xoel Calvo, Alvaro Jorge González, Jorge Vega (1), Pablo Moares (8), Alejandro Piñeiro, Antón Varela (3), César Filgueiras, Castor Regueiro, Xoán Varela.
BM. Culleredo: 42 (18+24). Cristian Vigo (p), Oscar Bello (p), Martín ínsua (1), Alberto Catoira (2), Carlos Costa (1), Miguel Casal (4), Iago Franco (3), Daniel Del Río (2), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador (2), Darío Pérez (3), Iago Ferreiro (3), Álvaro Fdez (4), Mario Crecente (10), Adrián Díaz (3), Aresio Rosende (3).
Parciais cada 5´: 2-4 / 2-9 / 4-11 / 7-13 / 9-16 / 10-18 / DESCANSO / 13-21 / 15-24 / 17-28 / 19-33 / 21-38 / 22-42 / FINAL.
Árbitros : Iván Hernández e Ángel Mateos.
Incidencias: 4ª jornada da Copa Sponsor na 1ª autonómica masculina en categoría senior. Encontro disputado no pavillón da Casqueira en Pontedeume.
