
Acércanse as derradeiras xornadas de competición desta tempada, coas ligas prácticamente rematadas e afrontando os compromisos copeiros. Non o dubides, aproveita e ven a animar e disfrutar dos últimos encontros desta tempada!
(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS U.B. LAVADORES
O Abogacía Canosa quere despedir a competición regular cunha victoria na casa. Enfronte o Lavadores, último clasificado pero que non vendrá a Culleredo a regalar nada.
(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS GASÓLEOS RIVERA CARBALLIÑO
Os nosos infantís de prata teñen unha cita importante este sábado, a semifinal da Copa de Prata fronte ao Carballiño. A defensa 5:1 do rival non nos porá as cousas sinxelas, pero este Sutenor que ven nun momento óptimo de xogo, de seguro que atopará a forma de levarse os 2 puntos. Tralo excelente xogo amosado no tramo final da competición, o Sutenor ven con moitas ganas de facer un bo partido e clasificarse para unha final na que xa están a esperar os veciños do OAR.
(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS CP LUCENSE
Última xornada da competición regular onde o Remax Riazor busca ocupar a terceira praza que agora poseé o rival do fin de semana , o Lucense.Prométese un partido moi disputado por esa terceira praza.
(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS BM BRIGANTIUM EPTICOM
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA VS BM CULLEREDO RAFERGAL
As nosas xuvenís comezan unha última competición nesta tempada 21/22. Trátase da Copa Sponsor Xuvenil Feminina e competirán no grupo D. Conforman o grupo o Brigantium e o Xiria.
Así co sábado 30 as 11 da mañá en Almeiras , volveremos a desfrutar do balonmán nesta categoría.
Sen tempo de relax o domingo 1 as 18:30 no Ceip Fogar de Carballo espera o Hierros Varela Urbieta Xiria. É unha competición curta, onde os primeiros de cada grupo ( catro en total ) clasifican para a seguinte rolda, xa que é a partido único. Outro fin de semana importante para o Balonmán Culleredo
(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS MARUXÍA ASESORES ARTEIXO BM
Inicio dá Copa Sponsor en categoría xuvenil e grupo onde o BM.Culleredo Despreocúpate.es, queda emparellado con dous equipos da provincia. Este sábado ás 13:00h no polideportivo de Almeiras, os cullerdenses recibirán ao Maruxía Asesores Arteixo BM. no primeiro derbi. O obxectivo será a vitoria e continuar coas boas vibracións coas cales os de Culleredo terminaron a liga regular. Un rendemento alto na parcela defensiva e o ritmo elevado nas diferentes fases do xogo, parecen pautas craves para que os locais póidanse impor aos seus veciños.
(SM) DISPESÁN CAFÉ PONTEDEUME VS BM CULLEREDO
Volve a Copa Sponsor na 1ª autonómica senior e o BM.Culleredo visitará o vindeiro sábado ás 18:00h o pavillón da Casqueira en Pontedeume, co obxectivo de seguir dominando con man de ferro esta competición. Os cullerdenses, que lideran a clasificación con seis puntos sen coñecer a derrota, desexan iniciar esta segunda volta coa mesma autoridade coa que terminaron a primeira e deste xeito superar as dificultades que con certeza lles proporán os locais.
