Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… DEGITARU!

Nova entrega do “Hoxe coñecemos a…” no que queremos presentarvos a Degitaru, a vosa tenda e consultoría de equipos informáticos de confianza, na que poder obter o equipo informático que mellor se adapte ás túas necesidades.

Degitaru está formada por un equipo de profesionais á túa disposición e dirixida por 2 expertos do sector, que tras algo máis de 15 anos existindo como consultoría de equipos informáticos para empresas, decide no 2020 lanzarse e crear a súa tenda.

Poderás atopar a súa tenda, donde tratar directamente cos seus responsables e ver os seus productos na rúa Médico Rodríguez, 18, 15004 A Coruña. O seu amplo horario de apertura permitirache encontrar un momento no que visitala, estando aberta:

  • Luns – venres: 10:00-14:00 e 16:30-20:30
  • Sábado: 10:00-14:00

Dende Degitaru ofrécennos unha ampla variedade de servizos, entre os que podemos destacar 4 que poderíamos denominar servizos principais:

  1. Asesoramento e venta de equipos informáticos
  2. Asesoramento e venta de equipos gaming
  3. Asesoramento e venta de telefonía
  4. Reparación e actualización de equipos informáticos

ASESORAMENTO E VENTA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

A principal actividade de Degitaru sempre foi o asesoramento e venta de productos informáticos, estando nun comezo especializados en empresas, pero actualmente ofrecen estos servizos tanto a particulares como a empresas, xa sexa para o uso privado do usuario ou para teletraballar.

¿Precisas ou queres un equipo que cumpla co que buscas pero necesitas que te asesoren do que pode ser o mellor producto para ti? Para eso naceu Degitaru, explícalle aos seus profesionais que uso queres darlle ao teu equipo, cales son as túas condicións, o teu presuposto e de seguro que eles darán co equipo que mellor se adapte a ti.

Dende Degitaru acompañarante durante todo o proceso, ofrecéndoche todas as posibilidades que poidan adaptarse a ti no momento da compra, configurando o teu equipo para que non teñas que preocuparte de nada e ofrecéndoche asistencia sempre que o precises.

Non o dubides e contacta con eles se precisas un equipo informático para ti ou a túa empresa.

ASESORAMENTO E VENTA DE EQUIPOS GAMING

Para todos os/as amantes dos videoxogos, en Degitaru poderedes atopar o voso espazo, con unha atención completamente personalizada para ofrecerche todo o que buscas. En Degitaru terás acceso a equipos e accesorios gaming de todo tipo, dende os máis económicos e con unha boa relación calidade-prezo ata os productos máis específicos e de maior calidade do mercado.

Neste ámbito dende Degitaru ofrécenche un servizo totalmente personalizado e integral, sentaranse contigo a ver en detalle que equipo é o que precisas para atender os requisitos de todos aqueles xogos cos que queiras disfrutar, buscarán o producto que mellor se adapte ao que lles pides e encargaranse de facer que todo funcione. O equipo profesional de Degitaru encargarase de ensamblar o teu equipo gaming, de proverte dos mellores accesorios e de deixarche todo configurado e listo para xogar, sen esperas nin molestias.

Para aqueles país/nais preocupados polo uso que os seus fillos/as poidan darlle ao seu equipo gaming, non vos preocupedes, dende Degitaru poden poñer ao voso alcance ferramentas que aseguren que o tempo que os vosos fillos/as pasen diante do seu ordenador sexa seguro, con todo tipo de ferramentas de control parental que fagan un pouco máis sinxela a tarefa de ser pai/nai nestos tempos.

Anímate a facerlles unha visita, velos seus productos e se tes sorte ata poder probar algúns deles.

ASESORAMENTO E VENTA DE TELEFONÍA

En Degitaru poderás atopar todo o que precises no ámbito da telefonía, tendo á túa disposición unha ampla gama de dispositivos móviles, dende os máis básicos, ata os de máis alta gama.

Ao igual que cos equipos informáticos, dende Degitaru ofrecen unha atención completamente personalizada e un servizo integral de atención ao cliente, configurándoche o teu dispositivo, encargándose incluso de transferir todos os teus datos e contido do teu móvil antigo ao novo que vas a mercar.

Cabe destacar 2 cousas de Degitaru:

  1. Ademáis de ofrecer productos de Apple, tamén fan reparación dos seus productos, ofrecendo un servizo completo.
  2. Son partners, entre outros, de Xiaomi e de Samsung, o que lles da un maior coñecemento e máis facilidades para tratar con productos destas importantes e prestixiosas marcas.

REPARACIÓN E ACTUALIZACIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Degitaru ofrece un servizo de reparación e actualización dos teus equipos informáticos, teléfonos móviles e demáis artigos. Podes ou ben levar o teu producto a reparar á súa tenda, ou falalo co seu equipo de profesionais para que se fose preciso fosen ao teu domicilio para atender calquera incidencia.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Web: https://www.degitaru.com/
  • Email: degitaru@degitaru.com
  • Teléfono: 981 056 321 / 644 092 136 / 644 660 058

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *