Saltar ao contido

ECOS DA FINAL FOUR: O BM.CULLEREDO QUEDA A UN PASIÑO DA FASE DE ASCENSO NA FESTA DO BALONMÁN

Esta pasada fin de semana, viviuse no pavillón de Tarrío a festa do balonmán por excelencia. O mellor evento do balonmán galego en categoría masculina e feminina, tivo como sede unha instalación deportiva que se vestíu coas súas mellores galas e brillou con luz propia ante a gran afluencia de público chegada de todos os lugares de Galicia.


O BM.Culleredo disputou o sábado unha semifinal soñada, onde o plan de partido levouse á perfección para superar a un excelente rival como o Poio Artai. Os acenos de identidade do equipo; a intensidade, o dinamismo, a velocidade, chegaron á súa máxima expresión para superar, xa no primeiro tempo, ao seu rival por un contundente 21-11. Na segunda parte e xa co partido moi costa arriba para os pontevedreses, o BM.Culleredo soubo imprimir o ritmo de partido que máis lle interesaba en base á diferenza existente e conseguir o pase á final soñada de maneira tan brillante fronte a un rival que fora verdugo un mes atrás.


O Domingo era a cita soñada, a gran final entre dous equipos que no seu enfrontamento ligueiro sumaban unha vitoria cada un como locais. O encontro comezaría con erros e imprecisións, quizá froito do moito en xogo. Un pavillón abarrotado por 800 persoas, vibraba e gozaba de puro espectáculo balonmanístico, engadindo a todo iso a tensión e incertidume do resultado. O BM.Porriño comandaba no primeiro acto, conseguindo unha renda de 3 goles que nin moito menos sería definitiva. As cousas igualábanse na continuación, mesmo, pouco antes do meridiano, cando o Porriño parecía que se escapaba de catro goles, os de Culleredo volteaban o marcador apoiados nunha defensa 5:1 e conseguían un 17-16 que levantaba a bancada. O técnico porriñés debía de pedir tempo morto para frear a reacción e na volta ao 40x20, víase como ambos os conxuntos loitaban con tesón polo premio final. Sería definitivos os últimos quince minutos, onde tres exclusións do BM.Culleredo e o xogar por tanto seis minutos en inferioridade, converteríanse nunha laxa demasiado pesada nun encontro tan parello. Nun final tolo onde tan só se anotarían tres goles nos últimos dez minutos, os de Porriño conseguían a vitoria grazas á mínima diferenza (21-22) e deixaban aos de Culleredo co agre sabor da derrota, aínda que co doce recoñecemento dunha afección ilusionada e entregada ante un equipo que soubo competir de maneira sobresainte, deixando evidencias dun balonmán de altos voos ao longo da tempada.

SEMIFINAL:

BM. Culleredo: 33 (21 + 12).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Pablo Giráldez (2), Carlos Costa (2), Miguel Casal (7), Daniel Del Río, Iago Franco (3), Mario Crecente (2), Álvaro Fdez (1), Iago Ferreiro (3), Marcos Vázquez (5), Diego Gago (4), Alberto Catoira, (2), Adrián Díaz (1), Daniel De Salvador (1), Aresi.

Poio Artai: 25 (11 + 14) Carlos Laranxeiro, Santiago Calvo (3), Omar Mosquera (1), Fernando Mosquera (4), Alberto Bao, José Veloso, Pablo Piñeiro (4), Álvaro Salgueiro, Francisco Emilio Oliver, Martín Rodríguez (5), Alberto Domato, Rodrigo Rodríguez, Esteban Carballido (4), Santiago Picallo, Sergio Lorenzo (4).

Parciais cada 5´: 1-3 / 5-4 / 8-5 / 12-8 / 17-9 / 21-11 / Descanso / 22-14 / 25-15 / 26-16 / 28-21 / 30-23 / 33-25 / Final.

Árbitros : Pablo Barreiro e Christian García. 

Incidencias:  Semifinal da Final Four masculina disputada no municipal de Tarría ante cincocenta persoas.

Ligazón do partido de semifinais:

FINAL:

BM. Culleredo: 21 (9 + 12).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Pablo Giráldez (1), Alberto Catoira, Carlos Costa (1), Miguel Casal (5), Iago Franco, Dani Del Río (1), Mario Crecente, Daniel De Salvador (3), Marcos Vázquez (2), Álvaro Fdez (2), Iago Ferreiro (1), Diego Gago (3), Aresio Rosende (2), Darío Pérez.

Balonmano Porriño: 22 (12 + 10).  Fabián Taboada (1), David Moreiras (1), Eduardo Alonso (3), Martín Brandariz (3), Iván Fernándes, Jorge Vicente, Jonathan Vila (2), Jorge Estévez (2), Adrián Carrera, Xosé Canedo (6), Miguel Guedes, Nahum Pérez (4), Juan Rodríguez, Jesús Maquieira.

Parciais cada 5´: 0-1 / 2-3 / 4-5 / 6-7 / 7-9 / 9-12 / Descanso / 11-14 / 15-15 / 17-18 / 19-21 / 19-21 / 21-22 / Final.

Árbitros: Pablo Barreiro e Christian García. 

Incidencias:  Final da Final Four masculina disputada no municipal de Tarrío con cheo nas bancadas (800 persoas). Espectacular ambiente con xente chegada dende todas as partes de Galicia.

Ligazón da final:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *