Saltar ao contido

GRAN ÉXITO DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO CLASIFICÁNDOSE PARA A FINAL FOUR POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

O BM.Culleredo Construpereiro, logrou un enorme éxito ao clasificarse para a Final Four da categoría por segundo ano consecutivo. O merito é aínda maior ao facelo cun plantel con máis da metade de xogadores de primeiro ano, despois dunha segunda volta espectacular onde só cederon tres puntos. A progresión do equipo elevouse por encima dos obxectivos marcados para a categoría, ofrecendo un rendemento competitivo sobresainte en cada un dos compoñentes da plantilla.


O cuarto posto e por tanto o billete para a Final Four, concrétase onte Domingo na última xornada de liga en dura pugna con Luceros e Xiria, os outros dous conxuntos implicados e con posibilidades de conquistar os postos que quedaban vacantes para este evento.
O BM.Culleredo Construpereiro, dependía de si mesmo e fixo bo o factor locatario para imporse no derbi ao BM.Atlántico, un duro e competitivo rival que vendeu cara a derrota ante os cullerdenses.
Aínda que os de Culleredo comezaron moi serios e responsabilizados o envite polo moito que había en xogo e adiantábanse 4-1 ás primeiras e cambio, o seu rival, o BM.Atlántico, non estaba disposto a claudicar facilmente e conseguiría reducir diferenzas co primeiro parcial gañador aos dez minutos (7-5). Nunha toma e daca continuo, serían os locais os que volverían golpear e apoiados en varios acertos defensivos consecutivos, despregando a velocidade ao contragolpe, abrían brecha de novo ata conseguir unha cómoda diferenza de catro goles 16-12. O último arreón dos foráneos reducía a diferenza á mínima expresión, xusto cando se chegaba ao tempo de descanso (17-16).


Sería no segundo acto cando o BM.Culleredo aumentaría paulatinamente a súa renda, iniciando cun 3-0 de parcial que lle daba certa tranquilidade. A medida que pasaban os minutos, o BM.Atlántico, combativo sempre, iría perdendo fol, factor a ter en conta despois dun partido disputado no día anterior. Os xogadores do conxunto de Oleiros, que atesouran unha gran calidade, comezaban a errar nas súas accións, produto da fatiga e o BM.Culleredo, aproveitaba o momento para asinar un marcador máis avultado do que indica o partido. Deste xeito, o equipo conseguía ese pase á Final Four cadete mascullina onde tentará lograr unha das prazas que dan acceso ao campionato de España.

BM. Culleredo Construpereiro: 35(17+18). Marco González (P), Marcos Regueiro (3), David Martínez (5), Adrián Veira (1), Iván Sánchez (3), Aaron Blanco, Samuel Seijas (12), Daniel González (1), Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Teo Calvo, Antón Pérez (1), Anxo Negreira, Nico Casal, Alejo Martínez (5).

Club BM. Atlántico: 26 (16+10). Daniel González, Adrián Río, Lucas Vilariño (5), Pedro Gil-Rivera (5), Alexander José Mendoza, Pablo Castiñeira (4), Hugo Fdez, Ángel Ramos (4), Diego Abades (1), Diego Lema (6), Roi Fdez, Martín Vinagre, Enmanuel García, Iker Curto, Mateo Martínez, Miguel Ángel Fdez (1).

Parciais cada 5´: 3-1 / 7-5 / 11-6 / 14-9 / 16-12 / 17-16 / Descanso / 20-16 / 23-17 / 25-20 / 27-23 / 32-24 / 35-26 / Final.

Colexiado: Marcos Pombal.

Incidencias: Derradeiro encontro na Liga Ouro cadete masculina. Excelente entrada no pavillón de Almeiras para presenciar un espectacular partido de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *