
Últimos suspiros de competición para os nosos equipos, donde toca vivir unha fin de semana moi importante. Os cadetes do ConstruPereiro poden meterse na súa ansiada Final Four tras unha tempada que foi de menos a máis, os infantís loitarán por asegurar o seu 3º posto e os senior desputarán en Tarrío a súa Final Four na loita por un posto na fase de ascenso!
(IF) PUNTA DEL ESTE XIRIA VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
As nosas miniguerreiras retoman a competición tralo bo papel feito no torneo de Andebolmanía, volvendo a unha liga na que estábamos acadando moi bos resultados.
Fronte a elas estará un equipo que foi crecendo moito ao longo desta competición, un Xiria que non deixa de sumar puntos e que ten as ideas moi claras. De seguro que as nosas porán o partido moi complicado e terán as súas oportunidades ata o final do encontro para traer para Culleredo os 2 puntos.
(IM) CLUBE BALONMÁN TUI VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
Viaxa o Remax Riazor a Tui cos deberes feitos, pero aínda quere máis e quere asegurar a terceira praza no campionato regular. Enfronte o Balonmán Tui que aínda ten opción de meterse no play off loitará por esa praza ata o último segundo.
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS CORETI LALÍN
Última xornada da competición regular onde o Fisioterapia Benestar se despide en Almeiras.
O rival, o Lalín, é o único equipo ao que o Fisioterapia foi capaz de gañar este ano. Prométese un partido moi bonito de disfrutar para finalizar esta tempada.
(CM) TALLERES LONTREIRA BM CANGAS VS BM CULLEREDO CLIMANOSA
O Climanosa enfróntase na última xornada ao Balonmán Cangas B, última viaxe do Climanosa que co paso de competición veu unha mellora clara no xogo colectivo e individual, só queda finalizar a tempada coas boas sensación dos últimos encontros.
(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO
Último partido de liga regular para o BM.Culleredo Construpereiro nunha confrontación con connotación de derbi ante o BM.Atlántico de Oleiros. O encontro disputarase no polideportivo de Almeiras o Domingo ás 13:30 e para os de culleredo será unha final, xa que en caso de vitoria e á espera doutros resultados, poderían entrar na Final Four da categoría e, desta forma, poder loitar por unha praza no campionato de España. Os locais, que veñen de facer unha segunda volta fantástica, cedendo tan só nun encontro, desexan referendar o bo estado de forma e impoñerse ao club veciño e desta forma contar con serias posibilidades de xogar esa Final Four fronte aos mellores da categoría. A evolución defensiva deste equipo e a que lle deu de poder pelexar a estas alturas por un gran obxectivo, así que volverá ser un factor imprescindible para superar ao bo conxunto do BM.Atlántico.
(SM) BM.CULLEREDO VS HOSPITAL CAPILAR POIO ARTAI
Esta fin de semana chega a Tarrío a cita máis importante do balonmán galego, a Final Four en categoría masculina e feminina. Será por tanto unha data crucial para o BM.Culleredo senior masculino, que en caso de quedar campión, conseguirá unha praza para unha nova fase de ascenso. O primeiro gran escollo será o o Hospital Capilar Artai Poio, un dos últimos verdugos dos cullerdenses e quizá o equipo máis en forma da segunda volta, que non coñeceu a derrota despois do parón do Nadal. Os de Culleredo esperan aprender da confrontación ante este conxunto fai a penas un mes e por tanto, afrontar a semifinal deste sábado ás 18:00 h cunha maior intensidade e afán competitivo, sabendo o moito que hai en xogo. Xogará un papel vital o aspecto defensivo, onde o BM.Culleredo deberá de funcionar cun nivel altísimo, elixindo, a partir de aquí, cando e como despregar a velocidade na fase de transición. A velocidade da pelota no posicional a partir do xogo combinativo, será outra das premisas que deberá de funcionar de forma notable nun conxunto que terá que realizar un partido moi completo ao longo dos sesenta minutos se quere impoñerse aos pontevedreses e disputar a tan ansiada final o Domingo ás 18:30.

