Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO ACHÉGASE Á FINAL FOUR GRAZAS A UNHA FIN DE SEMANA REDONDA

O BM.Culleredo Construpereiro, acariña a posibilidade de disputar a Final Four da categoría despois dunha nova fin de semana extraordinaria, na que os cullerdenses derrotaron de forma contundente ao BM.Reconquista o Sábado (40-28) e ao BM.porriño o Domingo (23-37).
A falta dunha soa xornada na que se desvele todo, o BM.Culleredo mantén serias opcións de conseguir o obxectivo despois dunha segunda volta inmaculada onde tan só cederon unha derrota.
En ambos os partidos da fin de semana, os cullerdenses mostráronse serios e concentrados no que tiñan por diante e aínda que nalgún instante pecaron de relaxación, especialmente o sábado debido á gran diferenza ao descanso (22-9), a nota coa que o equipo liquida estes compromisos, é moi alta e a satisfacción enorme polo nivel exhibido.

Tan só queda voltar despois do parón da Semana Santa con enerxías renovadas e neste estado de lucidez do que actualmente gozan os cullerdenses para afrontar esa derradeira xornada de liga ante o BM.Atlántico.

BM. Culleredo Construpereiro: 40 (22+18). vs Balonmano Reconquista "A": 28 (9+19)

BM. Culleredo Construpereiro: Marco González (P) Rubén Gantes, Marcos Regueiro (6), David Martínez (1), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (2), Nico Casal (3), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (7), Daniel González (3), Josemi Martínez (4), Lucas Sánchez (3), Teo Calvo (1), Alejo Martínez (4), Anxo Negreira (1).

BM.Reconquista: Aarón Rodríguez (3), David García (2), Sergio San Millán (2), Pedro Álvarez (1), Nicolás Lamas (5), Rafael John-Lowe, Hector Rodríguez (5), David Álvarez (1), Sergio Reinaldo (3), Alexandre Domínguez, Alex Alonso (6),

Parciais cada 5´: 2-1 / 8-3 / 10-3 / 16-6 / 19-6 / 22-9 / Descanso / 25-11 / 26-17 / 29-20 / 32-22 / 36-24 / 40-28 / Final.

Colexiado: Raquel Martínez e Carlos Pombal.

Incidencias: 20ª xornada de liga en categoría cadete masculino, disputada no polideportivo de Almeiras con moi bo ambiente de balonmán e unha gran afluencia de público.

Balonmano Porriño: 23 (12+11) vs BM. Culleredo Construpereiro: 37 (20+17).

BM.Porriño: Pablo Álvarez (4), Uriel Domínguez, Antón Sio, Pedro Gilsánz, Josué Rodríguez, Francisco Pérez (1), David Rodríguez (1), Pablo Rodríguez (1), Antón Lassen, Xulio Fdez (9), Unai Soto, Nicolás Giráldez, Yago Raimúndez (7).

BM. Culleredo Construpereiro: Marco González (P), Marcos Regueiro (7), David Martínez (2), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (1), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (9), Daniel González (3), Josemi Martínez, Lucas Sánchez (5), Nico Casal, Teo Calvo (3), Anxo Negreira, Alejo Martínez (2).

Parciais cada 5´: 1-2 / 4-6 / 6-9 / 8-15 / 9-19 / 12-20 / Descanso / 15-21 / 18-25 / 21-29 / 22-34 / 23-36 / 23-37 / Final.

Colexiado: Carlos Alonso.

Incidencias: Xornada nº 21 na liga Ouro cadete masculino. O partido disputoúse no municipal de Porriño con boa afluenza de público nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *