Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO MOSTRA O SEU POTENCIAL DE CARA AO PLAY-OFF A PESARES DE CAER POLA MÍNIMA

O BM.Culleredo, demostrou todo o seu potencial no último partido de liga en casa do líder e a pesar de ceder nos últimos instantes nun partido vibrante por tan só un gol (31-30), deixou claro o tremendo potencial dun plantel que asume o obxectivo de conseguir o pase para a fase de ascenso na Final Four da categoría a final deste mes.


Nun encontro no que aos locais íalles a vida na vitoria para proclamarse campións, o BM.Culleredo dominou os primeiros trinta minutos con certa solvencia, impondo a rapidez do seu xogo despois dunha férrea e intensa defensa. Ao descanso e con 14-16 a prol dos cullerdenses, o envite prometía emocións fortes na continuación.
Coa volta a 40x20, os olívicos expuxeron un defensa profunda e pro-activa que se lle atragantou aos de Culleredo nos primeiros instantes, tempo suficiente para os locais, que se adiantaban pasados o dez minutos da continuación (22-20). Coa solicitude do primeiro tempo morto desta segunda parte, o BM.Culleredo axustaría o plan contra esta defensa e volverían poñer as táboas no electrónico (26-26) para devolver a tensión e a incertidume á bancada nun final de infarto que se resolvería á favor dos locais nos últimos minutos pola mínima expresión (31-30).


Bo partido do BM.Culleredo que desta forma afrontará a Final Four de final de mes co obxectivo de quedar campión e sacar billete para unha nueva fase de ascenso.

U.B.Lavadores Vigo: 31 (14 + 17). Miguel Jiménez, Adrián Suárez (9), Martín Alonso (3), Alberto Romero (1), Diego Pérez (5), Mario Oterino (2), Diego Lluque (4), Diego Fdez (4), Alexandre Silva, Asier Cerqueira (2), Pedro Cerqueira, Roberto Martínez (1), Borja Romero, Marco Covelo.

BM. Culleredo: 30 (16 + 14).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Pablo Giráldez (1), Alberto Catoira, Carlos Costa, Iago Franco (1), Miguel Casal (2), Mario Crecente (2), Álvaro Fdez (3), Iago Ferreiro (2), Juan De Salvador (1), Marcos Vázquez (8), Diego Gago (6), Daniel De Salvador (3), Aresi (1), Adrián Díaz.

Árbitros : Carlos Alonso e Cesar Díaz. 

Incidencias:  última xornada na 1ª autonómica masculina. Partido disputado no municipal de Lavadores con moi boa entrada de público e enorme ambiente nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *