
Acercámonos ás derradeiras xornadas de competición para todos os nosos equipos, con apenas unhas semanas de competición restantes e moito por decidirse. Vense unha nova fin de semana pragada de partidos, con moitos dos nosos equipos dobrando xornada e afrontado encontros ante rivais directos.
(IF) FARO DE VIGO CARBALLAL VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
Tras a gran progresión amosada ao longo desta tempada, as nosas miniguerreiras desprazaranse na mañá do sábado a Vigo, buscando unha nova victoria. O bo papel feito ante outros grandes equipos da competición e o bo momento de forma das nosas son motivos máis que suficientes para creer na posibilidade de pelexar polos 2 puntos ante un duro rival como é o A.D. Carballal.
(IM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO SUTENOR
A O Sutenor viaxará o domingo a Lugo sabendo xa se é primeiro clasificado do seu grupo de copa ou se se xogará o 1º posto en terras Lucenses, a expensas do resultado do Atlántico-Lucense deste venres. Tras facer un moi bo papel nos encontro anteriores vencendo ao campión galego de prata e ao segundo clasificado da 1ª fase, os nosos rapaces veñen moi motivados e no seu mellor momento da tempada, dispostos a sacar un bo resultado da súa visita a Lugo.
(IM) A.D. CARBALLAL VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS NUTRENDO SEIS DO NADAL
O Remax Riazor viaxa a Vigo a xogar contra o Carballal a xornada aprazada, un partido onde o cullerdenses buscan certificar o pase o Play Off ante un Carballal que tamén quere loitar por unha desas prazas. Estase preparando un intenso partido para o sábado, onde a vitoria está moi cotizada.
Volve a repetir o Remax Riazor, esta vez visítanos o último clasificado do campionato, o Seis do Nadal. O equipo cullerdense quere os dous puntos a toda costa para poder seguir nos postos de cabeza e poder alcanzar o obxetivo a largo prazo, ese Play Off.
(CF) GRÁFICAS LASA CARBALLAL VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
PORTALTEC BM CASELAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
Un dos partidos máis compricados da tempada, o Fisioterapia Benestar enfróntase ante o primeiro clasificado, o Carballal, as nosas viaxan con moitas baixas e isto ainda mermará máis o partido. Toca aprender nestos partidos.
Por outra banda, o domingo terán que viaxar a Caselas, donde o partido se antoxa moi competido, veremos se a pesares das baixas, as nosas cadetes son quen de facer un bo papel e loitar polo encontro ata o final.
(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES “B”
O Climanosa ven de facer o mellor partido da tempada, esta vez visítanos o Cisne B, os dous equipo buscan terminala tempada con boas sensacións, por iso o espectáculo esta prometido en Almeiras.
(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS RECONQUISTA DE VIGO “A”
BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO
O BM.Culleredo Construpereiro está de doce e afronta unha fin de semana crucial para seguir ilusionados con conseguir un posto directo ou indirecto para a Final Four da categoría. A dobre confrontación desta fin de semana (sábado ás 12:00 en Almeiras ante o BM.Reconquista "A" e Domingo á mesma hora no municipal de Porriño ante o conxunto da localidade), serán dous test que, xunto aos resultados dos outros equipos implicados nesa zona da clasificación, poidan aclarar moito as cousas de cara a a última xornada da competición. Os cullerdenses deberán de saír moi intensos nos seus partidos, especialmente en tarefas defensivas e apoiarse na forza do colectivo para conseguir catro puntos que os acheguen aínda máis ao obxectivo final.
(SM) U.B. LAVADORES VS BM.CULLEREDO
Último partido de liga regular na 1ª Autonómica masculina o que se vai a disputar no pavillón de Lavadores o sábado ás 18:30. O BM.Culleredo, que practicamente perdeu a oportunidade de ser campión de liga a pasada semana ante o Artai Poio, desexa resarcirse do mal sabor de boca que deixou esa derrota e ir a por os dous puntos en xogo ante o líder da competición, que en caso de vitoria, clasificarase directamente para a fase de ascenso a 1ª nacional. Non será tarefa sinxela polo moito que se xogan os olívicos, pero os de Culleredo, que terán que loitar por conseguir billete para esa fase no posterior play-off, tentarán volver ao bo xogo e á alta intensidade para finalizar coa moral alta e afrontar deste xeito os retos ambiciosos que lles esperan.
