Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Talleres Adrián!

Unha nova entrega do “Hoxe coñecemos a…” e hoxe queremos presentarvos a un dos apoios do clube, Talleres Adrián.

Talleres Adrián é o teu taller multimarca de confianza para todo o que precise o teu coche. Comezaba xa en Culleredo anos atrás como un local de lavado, pouco a pouco foi crecendo e dende hai xa uns cantos anos podémolo atopar como taller para reparacións e sustitución de pneumáticos, donde co seu grupo de 5 profesionais che poden dar un servizo de calidade.

Poderemos atopalo taller na Avenida Acea De Ama nº29, aberto nos seguintes horarios:

  • De luns a venres (08:00-16:00)

SERVICIOS

Dende Talleres Adrián ofértannos case todo tipo de servizos, todos atendidos por profesionais do sector con experiencia, nun taller de confianza e cun trato moi cercano.

Ademáis da profesionalidade do equipo de traballo, hai que salientar que son un taller adherido a CGA Service, empresa moi importante que facilita e aumenta os recursos dos que poida dispoñelo taller para solucionar calquera problemática co teu coche.

Dentro da lista de servizos que nos ofertan dende o taller contémplanse:

  • Mecánica xeral
  • Electricidade
  • Diagnosis
  • Inyección
  • Aire acondicionado
  • Frenos e ABS
  • Alineación
  • Pneumáticos

Cabe destacar que dende o taller non traballan con motos, atendendo todo o resto de vehículos.

CONSELLOS DO NOSO MECÁNICO PARA EVITAR TER PROBLEMAS CO NOSO COCHE

Á hora da entrevista queríamos que un profesional nos dese algún consello para todos os que temos coche, de forma que teñamos menos problemática con eles e poidamos conducir de forma máis segura. Ante a nosa pregunta a resposta foi clara, dous consellos moi sinxelos e importantes á hora de coidar do noso coche e a nosa seguridade:

  • Necesidade de facerlle ao noso coche un mantemento periódico a modo preventivo, que nos sirva para poder detectar rápidamente calquer problema que poida xurdir e atallalo de forma que non derive nunha avería maior ou un risco para nós.
  • Apostar por pneumáticos de máis calidade na sustitución, xa que máis alá da diferenza de prezos, a duración e o agarre dos pneumáticos de maior calidade garante a nosa seguridade.

BENEFICIOS DO DEPORTE NA INFANCIA

Sen dubidalo, á nosa pregunta de que beneficios ten o deporte na infancia, a resposta era:

  • En primeiro lugar a saúde, o deporte é un elemento básico para que cada neno/a poida manterse saudable.
  • A disciplina, un elemento moi importante para os nosos nenos e nenas, que deben aprender a ser disciplinados para poder cumplir os obxetivos individuais e colectivos que se proponen.
  • O compromiso, é de vital importancia que dende ben pequenos aprendan que o compromiso é algo imprescindible nas nosas vidas en todos os seus aspectos.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Email: talleresadrian@cgacarservice.com
  • Teléfono: 981 65 09 33

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *