Saltar ao contido

O Despreocupate.es cae derrotado no último partido de liga

Aínda que nos quedamos ás portas de entrar no Play-Off que da opción para loitar por un posto de acceso ao campionato de España xuvenil masculino, o certo é que as posibilidades matemáticas de conseguilo na última xornada de liga disputada en Porriño, eran moi escasas.

Máis aínda tendo en conta que, para non romper a dinámica dunha tempada marcada polas baixas e os problemas para completar o cadro de xogadores en moitos partidos, acudiamos á nosa cita con algunhas baixas, pero sobre todo con varios xogadores minguados fisicamente, dos que sabiamos de antemán que non poderían darnos todo o que sería necesario.

Así as cousas, conseguimos aguantar o primeiro tempo, competindo con bastante igualdade no marcador, aínda que co equipo porriñés normalmente por diante. Ao descanso 17-14.

Pero na segunda metade, as limitacións de xogadores fixeron que o cansazo aparecese prematuramente en algúns postos clave, como no centro da defensa, que sufría unha e outra vez as conexións de xogo co pivote local. Os cambios defensivos a 5:1, e mesmo a 4:2 máis tarde, asumindo o risco que iso traía, non fixeron cambiar as tornas e a diferencia no marcador foise abrindo cada vez máis, para chegar ao definitivo 38-25.

Partido que pon o peche a unha liga moi irregular, cun equipo que foi quen do mellor e do peor, e que finalmente non consegue o billete para o Play-Off final.

BM Porriño 38 (17+21): Samuel Rodríguez, Martín Bar, Adrián Carrera (5), Eloy Fernández, Hugo Rodríguez, Leonardo Antunes (4), Eduardo Alonso (11), José García (3), David Rodríguez, Álex Ocampo, Martín Guerreiro (3), Rodrigo Pereyra (1), Xavier Domínguez, Yago Raimúndez (3), Nicolás Giráldez e Juan Rodríguez (8).

Culleredo despreocupate.es 25 (14+11): Xoel Garrido (2), Martín Insua (7), Kidus de Salvador (1), Iago Chao (2), Jorge López, Víctor Sala, Lucas Sánchez (1), Shaiel Costa (2), Guillermo Puga (2), Nicolás Pérez, Álvaro del Busto, Nuno Loxo (3), Gonzalo Palleiro (2), David Martínez e Senén Garea (3).

Árbitros: Abel Juncal y Catarina Adao. Sen complicacións.

Incidencias: partido correspondente á 18ª e derradeira xornada de liga disputada no Pavillón de Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *