Saltar ao contido

Dobre xornada para o Fisioterapia Benestar

Partido entretido e disputado o que enfrontou o pasado sábado na liga Ouro cadete feminino ao BM.Culleredo Fisioterapia Benestar e Fortaltec BM.Caselas no municipal de Tarrío.

Comezou o encontro igualado e con moitas imprecisións de cara a portería por parte de ambos os conxuntos, situación que provocaba algarismos curtos e defensas impóndose aos ataques. Non tardaron as mozas do BM.Culleredo Fisioterapia Benestar en adiantarse no marcador, dominando os primeiros trinta minutos con diferenzas entre un e dous goles. Ao descanso chegaríase cun 10-8 que ilusionaba ás locais cara á continuación.

Reaccionarían as de Caselas nada máis saír ao terreo de xogo no segundo acto e cun 0-3 de parcial tomaban a dianteira no marcador cando apenas se cumpriron cinco minutos. A partir deste feito e aínda que as cullerdenses tentaríano por todos os medios cunha entrega digna de mención, as visitantes xa non se deixarían sorprender e, movéndose con vantaxe entre un e tres goles, acabarían por levar os dous puntos en xogo con ese marcador final de 21-23.

Partido entretido e evolución positiva das mozas do BM.Culleredo Fisioterapia Benestar neste o seu primeiro tránsito pola máxima categoría do balonmán galego na etapa cadete.

Bm Culleredo Fisioterapia Bienestar: 21 (10+11) . Marc Barbeito, Carla Bello (3), Marina Rodríguez, Carla Muiño, Aitana Tasende (2), Carla Corral (1), María Bescansa (9), Sofía Gerpe, Paula Vidal (1), Paula Peteiro (2), Valentina Martínez (3), Noa ínsua.

Fortaltec BM. Caselas: 23 (8+15): Alexandra Martínez, Sofía Rodríguez (6), Marta Ripplinger (3), Mara Lorenzo, Paula Sestelo, Marta Bernárdez, Ana Álvarez, Ainhoa Moráis (2), Celia Pérez (9), Irene Otero, Iria Domínguez (3), Gabriela González, Nerea Guzmán.

 Parciais cada 5`: 0-1 / 2-2 / 3-3 / 6-4 / 8-7 / 10-8 / Descanso / 10-11 / 11-12 / 13-16 / 15-17 / 18-21 / 21-23 / Final

INCIDENCIAS: Partido da 10ª xornada  na Liga Cadete de Ouro Feminina disputado no minuicipal de Tarrío o pasado sábado pola tarde con bo ambiente de balonmán nas bancadas e gran afluencia de público.

O domingo en Almeiras xogaba de novo o Fisioterapia Benestar , esta vez tocaba enfrontarse o Bm Chapela .

Comenzaba o partido moi a favor das nosas pero coa medida que pasaba o tempo o Chapela metiase no partido e encontraba boas situacións de gol grazas a unha boa circulación de balón , ante a defensa 6:0 do Fisioterapia Benestar.

O fisioterapia tiña que cambiar o seu esquema defensivo inicial , para poder reducir a distancia de 3 goles que tiña o equipo vigués. Isto máis orden na fase ofensiva a partir de transformaciónse de primeira liña ou segunda , daban unha boa reacción. por parte do equipo cullerdense, pero certas irregualaridades do xogo facía que o descanso o Chapela se levara 4 goles de vantaxe no electrónico.

resultado no descanso : 8-12 .

Na segunda metade o Fisioterapia Benestar saiu de incio cun sistema defensivo 3:3 para intentar roubar algún balón e poder axustar o marcador nos primeiros inicios da segunda metade, pero o equipo visitante soubo reaccionar e non as pillou por desprevenido .

O equipo local por momentos na fase ofensiva xogaba de maravilla pero demasiados erros de lanzamento propiciaban que o equipo visitante mantira a ventaxa de 2-3 goles no seu marcador .

Nos últimos 5 minutos do partido o Fisioterapia Benestar apretou e subiu as liñas defensivas para poder interceptar e facer dudar o equipo vigués pero as visitantes souberon xogar moi ben sen balón e así levavase o partido e os dous puntos .

Magoa esta fin de semana onde todo o esforzo das guerreiras do Fisioterapia Benestar non puideron acadar unha victoria tan apreciada e buscada.

O equipo seguirá a traballar para poder buscar dous puntos e seguir coas boas sensacións que están a demostrar xa que podese observar en cada partido .

Forza Culle

RESULTADO FINAL: 16-21

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar (8+8): Marc Barbeito,Carla Bello(7),Maria Bescansa (4), Noa Insúa, Sofía Gerpe,Valentina Martinez(1), Carla Corral, Carla Muiño(3), Paula Vidal(1)

Bm Chapela: (12+10) Paula Vila (3), Martina Rey, Yadira Ares, Noa Sánchez (6), Carla Crespo, Mariangela Salazar (3), Paula lópez, (2), Dora Perez (5),Uxía Sotelo (2),lola Varela (3).

PARCIALES CADA 5`: 2-1/2-2/3-5/5-7/7-10/8-12 /descanso/ 9-12/9-13/12-15/13-16/15-18/16-22/ final

ÁRBITROS: Lucía Sánchez, Marcos Pombal.

INCIDENCIAS: Xornada 19 da liga Ouro cadete feminina , disputada no pavillón de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *