
Victoria moi sufrida a do sábado no pavillón do Loureiro fronte Carballal.
O equipo cullerdense viaxaba a unha das pistas máis complicadas do campionato , e a enfrentarse ao terceiro clasificado do campionato , o Carballlal.
Un partido frénetico con moito ritmo e ataques rápidos.
Comezaba primeiro pegando o Carballal e ata o minuto 15 o equipo local dominaría con ventaxas minimas, pero despois dun tempo morto do Construpereiro o equipo cullerdense reaccionaría e darialle a volta o marcador e incluso poñendose 2 goles arriba , mágoa que non durase moito esa ventaxa xa que nos últimos minutos si funcionou a defensa pero quizais estivo un pouco más espeso o ataque e finalizaría a primeira parte con ventaxa mínima dun gol por parte do equipo local
21-20 no descanso.
Na segunda metade o equipo cullerdense non inciou con boa dinámica e o Carballal poñiase 3 arriba no marcador compricando o partido o equipo cullerdense. Pero ahi empezou a cambiar todo, e o equipo sobretodo na faceta defensiva empezou a mellorar , a ser máis contundente e a coordinarse mellor . Isto foi clave para o desarrollo final do partido ,xa que o equipo estaba a resolver en ataque grazas ao lanzamento exterior de David Martinez e a movilidade dos pivote Marcos Regueiro e Josemi Martinez.
A falta de 2:30 o Construpereiro mantiña unha ventaxa e 3 goles, pero que houbo que esperar a última xogada con balón o Carballal para poder empatar para ver o desenlace final do encontro . Unha gran defensa cullerdense fixo que esa acción non acadara a porteria de Marco Gónzalez e así o Construpereiro levávase os 2 puntos dun emocionante partido en Carballal.
Grazas a estes 2 puntos o Construpereiro métese momentaneamente no Play Off de cara a unha praza no campionato de España, a expensas do Luceros que ainda ten dous partido menos pero con rivais moi compricados ata o final da tempada.
Moita sorte ao conxunto de Fernando Vázquez que está a realizar una segunda volta moi éxitosa e que mete o equipo de cheo na loita por esa ansiosa praza no campionato de España.
Forza Culle.
RESULTADO : 37-38
A.D Carballal 21+16: Diego Otero, Iago García(5),Ivan Fuentes(1),Nicolás Vila, Yago López(7),Javier Zambrano (9),Anxo Barcela(4),Anxo Fernández(5),Nicolás Docampo(6),David Mariño.
Bm Culleredo Construpereiro (20+18): Marco Gónzalez, Lucas Sánchez, Aarón Blanco(1), Antón Pérez (1), Anxo Negreira, Dani Gónzalez(1) ,Samuel Seijas (10), David Martinez(9),Iván Sánchez, Josemi (6), Alejo Martinez(4), Diego del Río, Adrián Veira (2),Teo Calvo (2),Nicolás Casal(2)
PARCIALES 5´: 4-3/6-6/11-8/16-14/17-18/21-20/25-23/27-26/30-29/32-34/34-36/37-38.
ÁRBITROS: Catarina Adao e Iago Rivas.
INCIDENCIAS: Xornada 19 da liga de Ouro infantil masculino disputada no pavillón municipal de O Loureiro.
