Saltar ao contido

O B.M.CULLEREDO XOGARÁ O PLAY-OFF

O BM.Culleredo non puido derrotar ao Poio Artai na que era a segunda final consecutiva en outros tantos fins de semana. Os locais, que necesitaban a vitoria para seguir dependendo deles mesmos na última xornada, non foron capaces de superar a un Artai Poio que foi superior, especialmente nunha primeira parte onde o BM.Culleredo non saíu coa intensidade demostrada facía sete días. Era o partido CONSTRUPEREIRO, un encontro no que estaban postas poitas das ilusións do equipo e que contou ca presenza de Carlos Pereiro, xogador do clube dende pequeno e cabeza visible da empresa patrocinadora e colaboradora do clube dende fai moitos anos.
O 2-0 nos primeiros instantes do partido foi un espellismo, xa que os visitantes pronto collerían a dianteira e dominarían o electrónico con certa comodidade con diferenzas que mesmo se foron aos seis goles. O BM.Culleredo non estaba contundente en defensa, non existía a profundidade e a falta de pernas no 1x1 facilitaba moito as cousas aos de Poio que alcanzaban altos algarismos ao termino dos primeiros trinta minutos (12-17).
Moito deberían de cambiar as cousas no segundo acto para que os cullerdenses puidesen alcanzar o seu obxectivo; a retagarda debía de dar un paso á fronte e mostrarse moito máis expeditiva e contundente e no ataque a definición debía de mellorar notablemente, especialmente en canto á localización e precisión dos lanzamentos. Era importante que aparecese o xogo cos extremos, dándolle moita máis amplitude e deixar de percutir tanto no centro da zaga visitante, onde os foraneos sentíanse máis fortalecidos.

Non comezaban mal as cousas nos primeiros instantes da continuación, onde a defensa e portería volvían a conectar. Un 2-0 de parcial reducía as diferenzas e a retagarda comezaba a provocar erros e perdidas ao seu rival. O aspecto negativo aparecía na fase de transición e no posicional, onde as malas tomas de decisión, especialmente coa insistencia no xogo co pivote, freaba a remontada, acumulando varios erros non forzados nestes instantes cruciais. Con todo e iso, o BM.Culleredo conseguiría achegarse en varias ocasións a dous goles do seu rival, mesmo colocarse a un cando quedaba pouco para a conclusión do envite, pero a irregularidade e os erros nos momentos puntuais nos que a remotada parecía que podíase levar a efecto, sentenciaban as ilusións dos de Culleredo por poder conquistar o título ligueiro no pavillón de Lavadores na última xornada do campionato. Deste xeito, o BM.Culleredo entra xa de forma matemática no Play-Off final e acudirá a está segunda vía, igual que ocorrese a pasada tempada, para conseguir o obxectivo final de clasificarse para unha nova fase de ascenso.

BM. Culleredo: 26 (12 + 14).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Pablo Giráldez, Carlos Costa, Miguel Casal (2), Daniel Del Río (3), Mario Crecente (3), Álvaro Fdez (3), Iago Ferreiro (3), Marcos Vázquez (4), Diego Gago (2), Mateo Díaz, Nuno Loxo, Juanchi, Daniel De Salvador (3), Aresi (3).

Poio Artai: 29 (17 + 12) . Carlos Laranxeiro, Santiago Calvo (3), Daniel Balea (1), Tomás Balea, Fernando Mosquera (5), Alberto Bao, José Veloso, Pablo Piñeiro (3), Álvaro Salgueiro, Francisco Emilio Oliver, Martín Rodríguez (5), Alberto Domato, Rodrigo Rodríguez, Santiago Picallo, Esteban Carballido (8), Sergio Lorenzo (4).

Árbitros : Pablo Barreiro e Christian García. 

Incidencias:  Penúltima xornada da 1ª autonómica masculina. Partido disputado no municipal de Tarrío cas bancadas a rebosar de siareiros locáis e un excelente ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *