Saltar ao contido

Amarga derrota do ‘ÓpticaGallaecia’ para poñer broche final á tempada.

Este pasado domingo o XM de liga prata, encaraba a última xornada da 2ª fase ligueira, esta vez ante os veciños do Balonmán Arteixo, correspondendo ao cuarto enfrontamento entre ambos bandos.

Os nosos que viñan de dúas derrotas atrás, non se encontraban no millor momento para frontar un derbi como o desputado, non sendo quen de entrar en xogo en ningún momento do encontro. Na primeira metade, sempre por debaixo no electrónico con diferenzas de ata 3 tantos, os nosos non se encontraban cómodos en facetas ofensivas, perdendo cuantiosos balóns por imprecisións e precipitacións, aínda así logo dun tempo morto local, os de culle amosaban que querían meterse no encontro, imprimindo mais disciplina e intensidade na dafensa e dándolle ritmo ó balón. Así ao remate dos primeiros trinta minutos a diferenza reducíase a só un tanto.

Na segunda metade, o Culle quería darlle a volta ao marcador, e nos cinco primeiros minutos conseguimos un parcial de 2-0 para poñernos un tanto por enriba. Esta intensidade amosabase un oasis no deserto, xa que tan só durou estos cinco minutos. Logo o Arteixo seguíu imprimindo o seu ritmo e a sua dureza defensiva, o cal fixonos de novo baixa a intensidade e encaixar un parcial contundente. Nos últimos dez minutos, os erros de lanzamento e as perdas de balón lastrárannos ata o final, facendo imposible anotar neste tempo, rematando así o encontro cun 19-27 a favor dos Arteixanos.

Amarga derrota para este grupo de Xuvenís, malia iso, esto non pode empañar a gran tempada que fixeron, competindo e gañando partidos ante rivais de categoría. Un grupo que foi de menos a máis no transcurso ligueiro, e un grupo dos que toda a familia do culle debe estar orgulloso deles, rapaces así son os que fan grandes aos clubes. Toca descansar e pensar xa na seguinte tempada na que moitos destes xuvenís xa serán senior.

FORZA OPTICA GALLAECIA, FORZA CULLE!

BmCulleredo OpticaGallaecia 19- 27 BmArteixo MaruxíaAsesores

BmCulle: Victor (p), Iván (p), Kidus 2, Álvaro 4, Puga 2, Marcos 2, Nico 1, Diego 1, Dani Rubio 1, Teo 1, Shaiel 4, Xoel, Antón.

Arteixo: Alex Martínez 2, Alex Aller 2, Hugo Martínez 4, Iván Sousa 9, Hugo Montero 4, Martín Ferreño 2, Marcos Abeleira 1, Dani Glez 1, Adri Novío 1, Edu (p), Alex López (p).

PARCIÁIS:

1-2/ 3-4/ 4-7/ 5-8/ 7-10/ 10-14/ desc/ 14-13/ 15-15/ 17-17/ 19-22/ 19-23/ 19-27/ final.

ARBITRAXE

Pablo Torreiro e Marcos Pombal.

INCIDENCIAS

Sexta e última xornada da segunda fase da liga prata desputada en Almeiras o pasado domingo cunha gran acollida de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *