Saltar ao contido

AS BAIXAS NO RAFERGAL FANSE NOTAR

Arrancaron con dificultade o Balonmán Culleredo Rafergal no seu desprazamento O Grove.

A pesar do bo comenzó das cullerdenses, o Rasoeiro ,foi crecendo co paso dos minutos e con elo a diferencia no marcador.

Na ida ,o Rafergal ,foi superior ,chegando a gañar pola mínima o encontro.

Os primeiros 5 minutos xa  mostrábase co ritmo de partido ia ser cómodo para ámbolos equipos e que un simple erro íase pagar cun gol.

Pasados os primeiros 15 min, o rasoeiro comezou a abrir brecha de 5 goles de diferencia, por elo o Rafergal pediu o primeiro tempo morto para dar oxiseno as xogadoras, xa que para este encontro a penas tiña cambios. Pasaban os minutos e a diferencia continuaba no electrónico e os erros cruzábanse entre ambos equipos.

A falta de 5 minutos para o final o Rasoeiro xa mandaba no marcador.

Ó Rafergal en defensa estáballes costando parar o ataque polos extremos e na parte ofensiva non termiñaban finalizando os seus ataques ,transformando seu lanzamento en gol.

Ó inicio da segunda parte mellorou o Rafergal ,acortando distancias no marcador, tendo máis claro a maneira de defender e de atacar.

Pero o ataque cullerense estaba sendo moi lineal, onde apenas estaban entrando en xogo súas 2ª líneas.

Entrados nos últimos dez minutos, o Rafergal encontrabase fora do partido ante un Rasoeiro, ca pesar de cometer erros, mantería a clara diferencia no marcador.

Así , chegou o final do encontro e da competición.

Último partido desta Liga De Ouro cargada de experiencia e aprendizaxe partido tras partido.

Rasoeiro Bm 24 (13+11) : Uxia Meis Ramos (2) ,Zeltia Perez Dominguez (2), Shaila Fernandez Bravo (2), Carla Dominguez Corral (2), Noa Parada Conde (2), Camila Sol De Seta Martinez (2), Naomi Alvarez Naveiro (1), Carmen Otero Canario (2), Cira Otero Prol (2), Erixua Otero Sanmartin (2), Yaiza Vila Besada (2), Sofia Lua De Seta Martinez (1), Luna Otero Prol (2)

Balonmán Culleredo Rafergal 17 (6+11): Diana Dozo Dominguez, Adriana Antonio Costela (2), Lucia Ponte Diaz (6), Candela Puga Presedo (1), Adela Areoso Lopez , Lucia Sanchez Toimil (3), Carlota Rodriguez Ramallo (5), Ines Martinez Mosquera

Parcial cada 5 minutos:1-1/3-2/4-3/6-4/11-5/13-6 Descanso 15-9/16-9/17-11/19-11/21-15/24-17 Final

Colexiados: : Iago Rivas Perez y Anderson Rafael De Sousa

Incidencias: 18ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón Municipal Monte da Vila. Con 20 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *