Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca xornada de espectáculo en Culleredo, marcada polo partido clave dos nosos senior fronte ao Poio Artai, a penúltima xornada da competición. Xusto antes haberá en Tarrío 2 partidos moi desputados nas categorías infantil masculina e cadete feminina. Non te perdas esta xornada de puro espectáculo e ven animar aos nosos!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BALONMANO CHAPELA

As nosas miniguerreiras enfrontaranse ás viguesas do Bm Chapela, reeditando un encontro que na ida se resolveu con unha victoria pola mínima para as rivais. As sensacións son moi diferentes agora, con un Canosa Abogacía que ven en clara traxectoria ascendente e que de seguro poderá loitar por quedarse con esos 2 puntos.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

O Sutenor verase as caras fronte a un duro rival, o veciño Atlántico, no que se agarda que sexa un partido desputado ata o último segundo. Tras as boas sensacións do encontro fronte ao OAR, os nosos veñen moi motivados e coas pilas postas, listos para afrontar unha auténtica final na loita por entrar na Final Four da Copa de Prata.

(IM) ABEGONDO F40 VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Partido aprazado onde o Remax Riazor quere seguir sumando puntos para poder finalizar a competición entre o  primeiros clasificados que dan opción ao Play Off de cara o campionato de España. Para iso ainda queda moito que remar , eso si este domingo podese dar un dos primeiro pasos para poder acadar este obxetivo , inimaxinable o principio da tempada.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS PORTALTEC BM CASELAS

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BALONMANO CHAPELA

As guerreiras do Fisioterapia Benestar xogan esta fin de semana unha vez máis unha dobre xornada.O primeiro encontro o Culle busca ante o Caselas unha nova victoria que se lles está a escapar nos últimos encontros. O domingo nos visita de novo o Bm Chapela que quere levarse os dous punto de Almeiras pero que as nosas guerreiras do Fisioterapia Benestar o pondrán muy difícil o equipo vigués.

(CM) IBERCONSA RECONQUISTA “B” VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa viaxa a Vigo para enfrontarse o Reconquista B, onde os dous buscan unha victoria que lles de folgos nesta última fase de campionato. O equipo cullerdense quere seguir evolucionando o seu xogo como estamos a ver nestas útimas xornadas.

(CM) FOOTPLUS A.D. CARBALLAL VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O BM.Culleredo Construpereiro, xa non renuncia a nada despóis do seu fantástico estado de forma e dos catro puntos conseguidos a pasada fin de semana ante dous dos favoritos ao título e que ocupan a parte alta da táboa clasificatoria. Este Sábado as 18:30h, no municipal de Carballal, a dificultade será tamén do mái complexo, xa que o conxunto local é outro dos aspirantes e na actualidade ocupa a terceira praza da clasificación. Os de Culleredo viaxan ambiciosos e ilusionados por continuar a competir deste xeito e soñan ca posibilidade de subir unha praza máis na táboa nestas catro xornadas que quedan para rematar a competición regular. De conseguir este obxectivo, os de Culleredo disputarían a Final Four por conseguir praza para o campeonato de España.

(XM) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

As 13:00h do próximo Sábado e no municipal de Porriño, o bm.Culleredo Despreocúpate.es, espera poner fin a derradeira xornada da liga regular con unha nota alta, tal e como ven sendo habitual no último mes e competición. Despóis de recuperar aos múltiples efectivos do plantel, os cullerdenses comenzaron a competir de xeito sobresainte, superando a conxuntos que ocupan a parte alta da táboa. O obxectivo polo tanto será o mesmo e aínda que acadar a quinta praza está prácticamente imposible, o BM.Culleredo Despreocúpate.es, tentará facer un gran partido para superar ao seu rival pola maior diferencia posible.

(SM) BM. CULLEREDO VS HOSPITAL CAPILAR POIO ARTAI

Segundo duelo consecutivo na cume o desta fin de semana entre BMCulleredo e Hospital Capilar Poio Artai, segundo e cuarto clasificado respectivamente da 1ª autonómica masculina. O pavillón de Tarrío será testemuña, unha vez máis, o sábado ás 19:00, dun duelo vibrante polo campeonato, sendo unha segunda final para os cullerdenses. Con certeza será un encontro igualado e complicado para ambos os conxuntos e neste contexto, o BM.Culleredo espera un impulso dos seus siareiros, tal e como xa fixeron a pasada fin de semana cun ambiente extraordinario nas bancadas do municipal. O BM.Culleredo terá que poner a concentración, ilusión e intensidade que puxo fai sete días ante Porriño e superar con nota alta o seu xogo nas distintas fases, sendo a defensa unha vez máis, vital para as aspiracións máis ambiciosas. Esperamos pois que o que será o partido CONSTRUPEREIRO, a segunda das tres finais para os de Culleredo, sexa unha gran festa do balonmán local e remate de xeito tan positivo como o de fai sete días.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *