Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, COMPLETA UNHA FIN DE SEMANA INMELLORABLE

Fin de semana espectacular do BM.Culleredo Construpereiro, que tiña dobre confrontación contra equipos que ocupan os postos altos da táboa clasificatoria e acabou superando con nota ambos os encontros. Os cullerdenses, se metén así de cheo na loita pola quinta praza que lles outorgaría o billete para poder disputar a Final Four da categoría.
Ambos os partidos prevíanse moi complicados, xa que os rivais, superiores a nivel físico, están a asinar unha liga regular con nota alta, feito que lles levou a ocupar postos de fase nestes momentos. O bo momento dos de Culleredo, mellorando semana a semana e dando un salto cualitativo máis que evidente en tarefas defensivas, facía que a fin de semana comezase coa ilusión de conseguir algo positivo na visita a O Morrazo.
O BM.Culleredo Construpereiro, sairía ao 40x20 de O Gatañal con claras intencións de poñerlle as cousas moi difíciles ao seu rival e tanto foi así que dominaron o partido desde os primeiros minutos. A faceta defensiva, tanto en 6:0 como en 5:1 zonal, sería clave para acabar sometendo ao seu rival e superar a un equipo con enorme potencial e que puxo as cousas moi complicadas aos de Culleredo, especialmente no primeiro acto. Na segunda parte, aínda que os locais se poñerían por diante nos primeiros instantes, o BM.Culleredo daría un golpe encima da mesa e acabaría sendo dono do partido, superando nas distintas fases do xogo a un rival que co paso dos minutos iríase diluíndo ante a superioridade dos visitantes. Primeiro paso importante da fin de semana que reducía distancias na clasificación entre ambos os conxuntos.

Pizzería Baratto Luceros: 26 (14+12). Lucas Jimenez (6), Gael Pais, Mauro Sotelo (4), Miguel Peixoto (1), Eloy Pérez (4), Antonio Rodal, Borja Fdez (2), Gabriel Miranda, Hector Da Cunha (2), Alexander Dovhanyk, Adrián Chapela, Eloy Domínguez (7).

BM. Culleredo Construpereiro: 31 (15+16). Marco González (P), Marcos Regueiro (4), Adrián Veira (2), Iván Sánchez (1), Diego Del Río (1), Nico Casal, Antón Pérez, Samuel Seijas (9), Daniel González, Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Teo Calvo (1), Antón Pérez, Anxo Negreira, Alejo Martínez (8).

Colexiado: Carlos Calvar.

Incidencias: Xornada 17 na liga Ouro da categoría cadete masculino, disputado no pavillón municipal de O Gatañal, en Cangas Do Morrazo..

O segundo partido do fin de semana para o Construpereiro , esta vez como local, representaba o máis difícil todavía, xa que visitaba Almeiras o segundo clasificado do campeonato , o Upi Informática Lalín.
Comezaba o encontro cos visitantes marcando o ritmo, sobretodo na súa portería, onde David pechaba a cancela e facia moi difícil marcar gol, facilitando as primeiras vantaxes do seu equipo. O culle non se rendía e pese a forzar ataques longos do Lalín, a ventaxa se mantiña entre dous e tres goles a prol dos visitantes. A falta de dez
minutos para chegar o descanso, o Construpereiro marcou un punto de inflexión e aumentaría o seu ritmo de xogo, competindo moi ben colectivamente e conseguindo encontrar porta contraria. Este feito veríase acompañado polo aumento da intensidade defensiva, sobretodo nada zona central, onde o Lalín repercutía constatemente. Os cullerdenses conseguirían asinar as táboas no tempo de descanso (13-13) e quedaba todo por dilucudar cara a segunda metade.
Con novos folgos para os de casa comenzaría o segundo acto, que cun parcial de 4-0, mostraban claramente as intencións ao tempo que facían dudar aos de Lalín. A moral estaba por todo o alto, a retagarda e a porteía funcionando nunha simbiose perfecta e os dezanos conseguían tan só 4 goles en 15 minutos. O Construpereiro desmarcarase máis no electrónico , nin estando en inferiordade reducíase a diferencia, e máis, con inferioridade o culle conseguía ampliar a ventaxa, dato que dí moito do carácter dos xogadores de como estaban a afrontar o envite.
Nos últimos minutos o Lalín abríu a defensa para poder remontar, pero os cullerdenses reaccionaron moi ben para atacar con espacios máis abertos e así sair da presión defensiva.

BM Culleredo Contrupereiro: 32 (13+19). Marco Gonzalez, Samuel Seijas (5), Alejo Martínez (3), Marcos Regueiro (2), Josemi Martínez (7),Teo Calvo (3), Adrián Veira (4),Diego del Río (1),Nicolás Casal (2), Daniel Gonzalez (3), Antón Pérez (1), Lucas Sánchez (1),Anxo Negreira.


UPI Informática Lalín: 23 (13+10). David Failde, Alejo Varela (4),Jaime Conde (2), Juan Ramón Vilar (7), Sergio Munín, Diego Vázquez (1), Pablo López (4), Pablo Pérez, Xosé Cuiña (4), Mario García (1), Adrián Hermida ,Brais Gaveiro.


PARCIAIS CADA 5`: 0-3/ 2-4 /5-6/ 6-9/ 10-9/ 13-13/ Descanso / 18-14/ 20-16/ 21-17/ 23-18/ 28-21/ 32-23

ÁRBITROS: Pablo Torreiro e Marcos Pombal.


INCIDENCIAS: Xornada 18ª da liga de Ouro cadete masculina disputada no Pavillón
municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *