
O Remax Riazor tiña nesta fin de semana dobre xornada, primeiro o sábado contra o Cangas e o domingo o lider da competición o Lalín.
O sábado viaxaba o Remax Riazor para xogar contra un dos filiais do Balonmán Cangas de Asobal, onde os nosos dende o primeiro momento macaron o rimto do partido , primeiro grazas a unha defensa 3:3 onde ahogaba ao eqiupo cangués que non era quen de encontrar situación fáciles de acara o gol .
O culle mediante velocidad de balón e pase e vai conseguía un bó xogo colectivo e así poder alcanzar o gol na porteria rival .
No descanso 8-16.
Na segunda metade o equipo local saiu máis presionante pero ao Remax gustalle atacar estos espacios libres, e así o demoutrou con accíons de demarque sen balón , buscando una conexíon sempre de cara o gol .
O Remax na fase defensiva cambiou o plantexamento e saiu cunha defensa 5:1 onde permitiu afianzarse coas funcionalidades deste sistema novo para moitos pero que está a dar un bó resultado.
Victoria clara dos nosos que suman 2 puntos máis de cara a clasificación.
RESULTADO : 17-29
BRUNO THE ROCK BARBER BM CANGAS: Rubén Costas, Uxí Vilariño(1),Rodrigo Colinas(4),Mario Miguez(2),Tadeo Diaz(1), Cosme Nores(1),Xabier Cordeiro(4)Aitor Costas(1),Alexandre Rodriguez(1),Nicolas Graña.
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Hugo Diaz,Teo López,Xoán Canedo(2),Fabián Manzo(6),Xoán Bello(3),Jorge Outón(3),Jaime Serrano (5),Iago Allegue(3),Jairo Candamio (6), Diego Piñeiro(1)
PARCIALES CADA 5`: 1-4/3-7/4-10/6-13/8-16/12-19/13-20/15-24/16-27/17-29
ÁRBITROS: Julio Villanueva.
INCIDENCIAS: Xornada 17 da liga de Ouro infantil masculina disputado no pavillón do Gatañal.
O domingo o estatus do partido cambiaba , xa que si o sábado se xogaba cun rival que está nos postos baixos da táboa clasificatoria, ahora o rival era o primeiro clasificado.
Un rival que conta co xogador máis desequilibrante do campionato , Mateo López.
Moi igualado o comezo do partido en Almeiras, o Remax Riazor con procedementos de pase e vais ou transformacións e o Lalín xogando o 2x2 na zona lateral cun Mateo moi poderoso.
Co paso dos minutos o culle afianzouse na fase defensiva e provocou moitos erros tanto de pase como de lanzamento ao equipo lalinense e isto máis o acerto de cara o gol na porteria rival facía que o culle tomara unha ventaxa de 2-3 goles pero que non duraría moito . xa que Lalín se recompuxo e logrou empatar o partido de cara o descanso.
12-12 no electrónico tras rematar os primeiros 25 minutos.
A segunda metade comezaba nos primeiros 5 minutos un Lalín domingnate pero nos seguintes 5minutos era o Remax Riazor o que dominaba, o partido era moi táctico e os xogadores estaban moi metidos no encontro sobre todo na fase defensiva o Remax Riazor estaba moi sólido grazas a un Jaime Serrano que decidiuse a ser o lider defensivo do Remax Riazor, isto daba pé a controlar a Mateo López, e así limitar o ataque visitante.
Na fase ofensiva si Jairo Candamio pegaba moi forte na primeira parte, na segunda apareceu un sólido Jorge Outón que a pesar do gran esforzo defensivo , quedaballe folgos para rematar as últimas accións en gol.
O Remax Riazor puido sentenciar pero a última penetración non puido acabar en gol , e a última defensa de partido do Remax foi moi agresiva a hora de alexar o Lalín da porteria cullerdense e asi foi que o equipo visitante non foi capaz de lanzar para lograr o empate.
Importante victoria do Remax Riazor contra o lider que afianza un pouco máis esa cuarta praza cun partido menos que os seus rivais directos, queda moito por diante e rivais moi complicados. Gran esforoz destes rapaces que están a traballar moi duro e disciplinadamente nesta última fase de competición.
RESULTADO 20-19
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR (12+8): Hugo Diaz,Teo López, Adrián Aneiros,Xoán Canedo , Fabián Manzo(1),Xoán Seoane, Xoán Bello(2),Jorge Outón(7),Jairo Candamio (5),Diego Piñeiro(1),Iago Allegue,Jaime Serrano(4),Roi Fernádez.
EMBUTIDOS LALINENSE(12+7): Xoel Rodriguez,Mateo López(13),Borja García(1),Adrián Nogueira,Pablo Martinez,Martin Vazquez(4),Luis Martinez, Iker Fiuza, Carmelo Couso.
PARCIALES CADA 5`: 3-3/5-5/9-7/10-10/12-12/13-12/13-14/16-16/18-18/20-19
ÁRBITROS: Pablo Torreiro y Marcos Pombal.
INCIDENCIAS: Xornada 18 da liga de ouro infantil masculina disputada no Pavillon Municipal de Almeiras.
