Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CLÍNICA FISIOTERAPIA BENESTAR, NON PODE CO BM.RODEIRO

O BM.Rodeiro Coop. Ou Rodo, mostrouse superior no día de onte ao BM.Culleredo Fisioterapia Benestar e as cullerdenses, que aguantaron vinte minutos, non puideron no tramo final do primeiro tempo co seu rival, que conseguiría un 7-2 de parcial que xa sería moi dificil de reverter no segundo tempo.

As xogadoras do BM.Culleredo, notaron o hándicap de viaxar só con oito xogadoras (tan só un cambio) e como é lóxico, as enerxías foron minguando segundo o transcorrer dos minutos. A vontade das cullerdenses sempre foi admirable e a súa posta en escena foi boa, pero a falta de fondo de armario foi demasiada diminución ante as locais, que sacarían un enorme partido á velocidade ao contragolpe e ao alto ritmo imposto ao que non puideron chegar as nenas do BM.Culleredo Fisioterapia Benestar.

Bm Rodeiro Coop. O Rodo: 32 (16+16): Paula Diéguez, Alicia Areán, Iria Mantiñán (5), Natalia Failde, Laura Gil (8), Lara Moure (6), Claudia Cambeiro (3), Uxía Areán, María Mantiñán (2), Iria Arias (8), Leticia Menoyo, Mirian Rodríguez

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: 15 (8+7). Marc Barbeito, Carla Bello (6),Marina Rodriguez, Aitana Tasende (2), María Bescansa (6), Sofía Gerpe (1), Paula Vidal, Carla Estraviz, Noa ísua.

Parciais cada 5`: 0-2 / 3-3 / 7-4 / 9-6 / 13-7 / 16-8/ Descanso/ 18-9 / 20-11 / 24-12 / 28-13 / 30-13 / 32-15 / Final

INCIDENCIAS: Xornada 18ª da liga Ouro cadete feminina disputada no pavillón municipal de Rodeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *