Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Con Xornada dura para os nosos equipos, que no caso dos de liga de ouro afrontan unha xornada dobre, tendo que duplicar esforzos. Sen dúbida o partido desta xornada é o senior, que nos enfronta na casa ao Bm Porriño nun partido transcendental para a nosa loita polo título a falta de tan só 3 xornadas.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas miniguerreiras afrontan dous duros compromisos, por unha parte recibir ás da Guarda o sábado pola tarde, nun encontro que na ida tivo 2 caras. Desta vez as nosas chegan moi motivadas e preparadas por quedarse cos 2 puntos en Almeiras.

Por outra parte, o domingo desprazaranse a loitar contra o Bueu, equipo ao que conseguirán ganarlle no encontro de ida e que de seguro estará con ganas de resarcirse, polo que será moi complicado sumar en terras do sur.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS OAR CORUÑA 1952

Tras varias semanas parados da comezo a Copa de Prata, nun primeiro encontro que medirá aos nosos rapaces ante o que se proclamou campión da liga de prata desta tempada, o OAR. Veñen os nosos rapaces con moitas ganas deste partido, despois de ter competido sempre ata o final na liga, chega unha nova oportunidade de vencer ao equipo que leva a coroa de campión.

(IM) BM CANGAS VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS EMBUTIDOS LALINENSE

O Remax afronta unha dura xornada, comezando co desprazamento a Cangas, donde os locais se fan moi fortes e nos compricarán o encontro. Por se iso fose pouco, o domingo deberán enfrontarse de novo ao Lalín, trala recente derrota fronte ao equipo que encabeza a taboa clasificatoria.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

BM RODEIRO COOPERATIVA O RODO VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Trala boa imaxe amosada nos anteriores encontros, as rapazas do Fisioterapia Benestar afrontan este dobre compromiso con moita ilusión, dispostas a sumar e seguir esa liña ascendente na que se atopan. De seguro que esta fin de semana vemos auténticos partidazos por parte destas rapazas!

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM PABELLÓN OURENSE

Nova xornada desta segunda fase da prata cadete, na que os nosos deberán recibir a un forte Bm Pabellón Ourense. A pesares dos resultados, o Climanosa ben nunha liña moi boa e de seguro que lles prantará cara aos de Ourense, non dubidedes en vir animar nun partido que se promete moi entretido.

(CM) PIZZERÍA BARATTO LUCEROS VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS UPI INFORMÁTICA LALÍN

Dobre confrontación a desta fin de semana para o BM.Culleredo Construpereiro nun dobre desbasto de altura, que lle enfrontará ao terceiro clasificado (Pizzería Baratto Luceiros) a domicilio e ante o segundo (Upi Informática Lalín) como local. O primeiro encontro será o sábado ás 13:00h no pavillón do Gatañal de Cangas e o segundo, o Domingo no polideportivo de Almeiras ás 11:30.

Aínda que os rivais son de enxunlla, os cullerdenses, que competiron con todos os equipos da categoría e mesmo foron capaces de derrotar na primeira volta aos de Ou Morrazo, non renuncian a nada e desexan facer valer o seu bo momento de forma para sacar algo positivo en ambos os encontros.

(XF) RASOEIRO BM VS BM CULLEREDO RAFERGAL

E chegou a fin desta andadura pola categoría de Ouro. O Rafergal viaxa o domingo o Grove a disputalo seu último partido desta tempada. Fronte, o Rasoeiro, único equipo o que venceu o equipo de Culleredo. Desexamos co equipo remate cunha victoria esta competición. O encontro terá lugar no Pavillón Municipal Monte Da Vila as 16:30

(SM) BALONMÁN CULLEREDO VS BALONMANO PORRIÑO

Duelo no cume o desta fin de semana entre o segundo e terceiro clasificado da 1ª autonómica masculina, Balonmán Porriño e Balonmán Culleredo. O pavillón de Tarrío será testemuña, o sábado ás 19:30, dun duelo vibrante pola loita do campionato e por conseguinte, por lograr praza directa para a fase de ascenso de categoría. O encontro ademais, terá como aliciente ao xogador cullerdense Xosé Canedo, que milita nas filas do rival. Con certeza será un encontro igualado e complicado para ambos os conxuntos, que terán que minimizar os seus erros e ofrecer as mellores prestacións para alzarse con dous puntos vitais na clasificación. O BM.Culleredo parte coa ilusión de poñer toda a concentración, ilusión e intensidade, no que será o partido REMAX RIAZOR, a primeira das tres finais para os de Culleredo no seu camiño por alcanzar o campionato de liga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *