Saltar ao contido

¿QUE NOS PODEN DICIR OS PROTAGONISTAS DESTA 1ª FINAL?

Todos sabemos da importancia do partido desta fin de semana, pero hoxe queríamos coñecer de primeira man como afrontan dende dentro os xogadores un partido tan importante como este. Para poder sabelo ben, puidemos falar con un xogador de cada un dos equipos que desputarán esta 1ª final polo título ligueiro, o Balonmán Culleredo e o Balonmano Porriño.

Pola nosa parte tivemos o pracer de facerlle as preguntas correspondentes ao noso capitán, Marcos Vázquez, ao que todos coñeceredes como Chos. Pola parte do Balonmano Porriño falamos con un xogador con dilatada experiencia na élite do balonmán e nado en Culleredo, Xosé Canedo.

Para darvos a coñecer o seu parecer acerca do partidazo deste sábado ás 19:30 en Tarrío deixámosvos as respostas ás preguntas que lles prantexamos:

Chegades coa clasificación moi axustada na pelexa polo título, ¿como vedes o partido que ides a xogar en Culleredo?         

  • Chos: A verdade é que despois da derrota do Porriño a anterior fin de semana e da nosa sufrida victoria en Tui o equipo está moi motivado para encarar este encontro, xa que agora mesmo, dependemos de nós mesmos para poder gañar o ansiado título de liga e poder desputar a fase de ascenso outro ano máis. Así que esta fin de semana vamos a saír á pista con todo e intentaremos mostrar a nosa mellor versión. Se de algo estou seguro é de que, sexa cal sexa o marcador final, vai a ser un partidazo.
  • Xosé: Este ano o calendario decidiu que as últimas xornadas sexan interesantísimas, facendo que os 4 quipos que estamos no alto da táboa (Poio, Lavadores, Culleredo e Porriño)  teñamos que enfrontarnos uns cos outros.

O partido do sábado é a vida ou morte para os dous equipos. Nós vimos de perder en Poio e non podemos volver a fallar e o Culleredo despois das dúas derrotas da primeira volta tampouco pode facelo se quere seguir con opcións.

Culleredo ten a vantaxe de xogar na casa pero iso as veces aumenta a presión dos xogadores, polo que esperemos que sexa un partido moi igualado.

¿Cales pensades que son os puntos fortes do rival? 

  • Chos: O Porriño é un equipo que sabe levar moi ben o ritmo do partido e iso é algo que non nos beneficia, porque o noso estilo de xogo é moi diferente. Tamén penso que teñen unha defensa moi sólida atrás e cando a súa portería aporta é moi dificil de anotarlles un gol, pero aínda así creo que temos suficientes recursos como para poder solventar os problemas aos que nos imos enfrontar.
  • Xosé: Eles teñen a plantilla máis extensa e completa da categoría, podendo facer rotacións que outros equipos non poden ter. Se son capaces de facer o seu xogo rápido é moi difícil superalos. Teñen xente moi grande en defensa que é difícil de supera e a variedade de xogadores en ataque fainos moito máis impredecibles.

E pola contra, ¿poderíades dicirnos cales pensades que poden ser os puntos débiles?

  • Chos: Penso que o noso rival depende demasiado ofensivamente de un ou dous xogadores e iso pode volverse na súa contra, posto que cando eses xogadores non teñen o seu mellor día, os seus recursos limítanse bastante.
  • Xosé: Penso que o contrario que os fortes. Cóstalles moito xogar un partido cun ritmo diferente ao que están acostumados. Outra das virtudes que se pode convertir nun punto débil é que teñen una plantilla xoven, que se o partido vai según o previsto son imparables pero nun partido axustado os nervios poden ir na súa contra.

Ambos equipos teñen moi bos xogadores, sen embargo, ¿cal considerades que pode ser o xogador máis perigoso do equipo rival?

  • Chos: Como comentaba anteriormente o seu xogo ofensivo céntrase moito nun xogador, Xosé Canedo. Xosé é un xogador con moitísima experiencia que xa xogou na máxima categoría do balonmán nacional. Leva toda a tempada demostrando as súas cualidades sendo un dos máximos anotadores da competición, pero aínda así, creo que estamos máis que capacitados para poder deter as súas ofensivas facendo o noso traballo.
  • Xosé: Como comentei antes, o seu punto forte non é ningún xogador en concreto, se non a capacidade que ten toda a súa plantilla para aportar cousas positivas e crear perigo ao equipo rival.

¿Ao voso parecer pode ser determinante o apoio da afición do Balonmán Culleredo?

  • Chos: Estou seguro de que si. A afección sempre é importante, sexa o partido que sexa. Igual que nós vamos a dar o 100% na pista, estou completamente convencido de que a nosa afección tamén o fará na grada e todos xuntos loitaremos pola ansiada vitoria ante o Porriño e ante o obxectivo da tempada nesta recta final.
  • Xosé: Xogar na casa sempre é un aliciente. Nos momentos malos o público empuxa polos xogadores e nunca te das por vencido. Esta vez, espero que non sexa o caso e que a pesares de que o pavillón de Tarrío esté a revosar de xente animando, poidamos traernos os dous puntos para Porriño.

Para rematar, mirando ao futuro, ¿vedes aos Porriño e ao Culleredo con posibilidades nunha hipotética fase de ascenso á 1ª Nacional?

  • Chos: Nós somos un equipo con máis experiencia falando da fase de ascenso, xa que, no hipotético caso de clasificarnos, sería a terceira vez que a desputaríamos nos últimos catro anos. Por iso penso que teríamos máis posibilidades de poder lograr o ascenso, ademáis de ter un plantilla máis ampla, cousa que me parece moi importante xa que unha fase o demanda ao ter que desputar tres encontros en tres días. Aínda así, os partidos hai que desputalos ata o final e neste tipo de competición ser favorito non serve de moito. Din que a terceira é a derradeira, así que nós vamos a dalo todo para comprobar se é certo.
  • Xosé: Unha fase de ascenso depende de moitísimos factores, comezando polo grupo que te toque. Nós temos unha mestura de xente experimentada con xente moi xoven e creo que si estamos todos dispoñibles, respetándonos as lesións, teríamos moitas posibilidades.

Por outra parte, o Culleredo a pesares de ter xente xoven, xa leva varios anos conseguindo clasificarse para fases de ascenso e iso fai que teñan mais experiencia nesas competicións e poidan ter un bo resultado.

Oxalá poidamos acudir os dous equipos á fase, ascender, e volver a enfrontarnos o ano que ven en 1ª Nacional.

Moitas gracias a Chos e a Xosé polas súas respostas e esperamos tervos acercado un chisquiño máis a como se vive esta 1ª gran final dende dentro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *