Tocáballe madrugar ao Bm Culleredo Canosa Abogacía para desprazarse á Cañiza, un desprazamento compricado ante un rival directo na clasificación. Dende un comezo se prevía un partido duro, con baixas importantes e a desventaxa de xogar na Cañiza, donde as locais son moi fortes.
Nos primeiros minutos do encontro habería moitas imprecisións por ambas partes, con continuas pérdidas de balón e erros en situacións claras de lanzamento. Tras estos primeiros minutos, as nosas sacudiríanse os nervios e o cansancio do viaxe e comezaban a atopar situacións máis claras en ataque, sen embargo os pequenos erros defensivos cullerdenses facían que o Cañiza acadase o éxito nas súas boas accións individuais en ataque.
Co paso dos minutos o partido quedaría clara a igualdade de ambos conxuntos, que se amosaban moi sólidos en defensa, sendo as nosas un muro complicado de superar para as atacantes locais. Sen embargo, unha exclusión a falta de 4 min da primeira parte complicaba as cousas e a Cañiza conseguía aproveitala, levándose unha diferenza de 3 goles ao descanso.
Xa no segundo tempo non fomos capaces de comezar ben e con 2 erros de pase consecutivos, as xogadoras da Cañiza conseguían aumentar a 5 a súa vantaxe ao contraataque. A reacción das nosas non se faría esperar e mediante boas accións e tomas de decisión tras o pase e vai, as nosas conseguían recortar diferenzas. Xunto a esta mellora ofensiva, a maior intensidade defensiva mantíñanos de novo en partido chegando a poñernos de novo a 3 goles das locais.
Con pouco máis de 8 min por xogarse, subíamos a liña defensiva á media pista, xogando a última baza que nos permitise loitar polo partido e a piques estivo de saír ben. A nosa defensa comezou a xerar serias dudas ao ataque rival, conseguimos roubar balóns e poñernos a tan só 1 gol a falta de 2 min, pero os nervios de vernos de novo en partido e sentirnos apuradas polo tempo xogáronnos unha mala pasada.
Sen dúbida hai que ver o gran esforzo feito por este grupo de rapazas, que unha vez máis nos deron unha auténtica lección de loita e que de seguro a experiencia que están a coller fará que progresen aínda máis e nos dean moitas alegrías!
BM CAÑIZA: (10+8) Eire, Zaira, Sara, Aline, Aroa, Marola, Carla, Nohara, Lola, Sabela, Karla.
BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA: (7+10) Aroa García (P), Uxía Otón, Irene Rodríguez (4), Aldara Piñeiro, Antía Ferreño (2), Paula Peteiro (3), Leire Barbeito (5), Carla Muíño (3), Nadia Martínez, Adriana Vázquez.
PARCIAIS CADA 5´: 2-2 / 3-4 / 5-4 / 7-6 / 10-7 / DESCANSO / 12-8 / 13-10 / 15-12 / 16-14 / 18-17 / FINAL
ÁRBITROS: Martín Rodríguez Tesouro e Lucía Rodríguez Tesouro.