Saltar ao contido

OFICIO DO BM.CULLEREDO PARA SACAR DO PUNTOS VITAIS EN TUI

Vitoria transcendental a cultivada polo BM.Culleredo en Tui esta fin de semana pasada. Os dous puntos e a derrota do BM.Porriño en Poio, ofrecen a posibilidade de optar á segunda praza a próxima semana, a condición de que os cullerdenses venzan aos de Porriño en Tarrío o sábado 19 de Marzo á 19:30.
O encontro ante Tui, foi un partido onde o BM.Culleredo tivo que sacar o seu oficio para voltear o marcador xa que os locais mantiveron un nivel moi alto e un espírito competitivo sobresainte esporeados pola súa afección. A primeira parte foi de dominio local, con vantaxes mínimas nun primeiro instante, pero que co paso dos minutos chegarían a ser de ata tres goles. Os de Culleredo non perderían a calma e apertarían o marcador cando se chegaba ao tempo de descanso (15-13).
Non puido ser mellor a saída dos cullerdenses no segundo acto e en cinco minutos xa voltearan os algarismos para dominar por 17-19 o envite. A férrea defensa, que aumentara en intensidade e a colaboración con portería, daba os seus primeiros froitos e os visitante adiantábanse cun 2-6 de parcial, obrigando ao técnico local a solicitar un tempo morto para recompor ao seu equipo. O BM.Culleredo estaba desatado e completaría os seus mellores momentos para despegarse ata o seis goles de diferenza (20-26) no meridiano. Lonxe de darse por vencidos, os tudenses non renunciaban a sacar algo positivo desta confrontación e continuarían combativos e metódicos no seu afán por recortar diferenzas. O BM.Culleredo xa non se deixaría sorprender polos cambios defensivos e axustando o seu xogo a estas variables máis controlando o ritmo que lles interesaba, conseguirían esta importante vitoria nunha das pistas complicadas da categoría.

C.BM.Tui: 29 (15 + 14). Iván Pérez (3), Martín Peralta, Iván Gómez (1), Pablo Domínguez, Pablo Solleiro, Juan Adrián Casales (1), Xabier Romero, Miguel Ángel Martínez (1), Manuel Fdez (5), Carlos Fdez (4), Saul González, Diego Pons (3), Jacobo Grégores, Luis Pérez, Pablo Gándara (10), Adrián Areal (1).

BM. Culleredo: 32 (13 + 19).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Pablo Giráldez (1), Alberto Catoira, Miguel Casal (6), Iago Franco (4), Dani Del Río, Mario Crecente, Marcos Vázquez (6), Álvaro Fdez (2), Iago Ferreiro (2), Diego Gago (1), Darío Pérez (1).

Parciais cada 5´: 3-2 / 5-5 / 7-6 / 10-8 / 14-11 / 15-13 / Descanso / 17-19 / 19-22 / 20-26 / 23-27 / 25-30 / 29-32 / Final.

Árbitros: Cesar Díaz e Carlos Manuel Alonso. 

Incidencias: 19ª xornada da 1ª autonómica masculina. Encontro xogado no municipal de Tui con boa entrada e ambiente sobresainte nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *