Saltar ao contido

CARA E CRUZ NUN MESMO INTRE

Bo comezo de partido do Balonman Culleredo Rafergal, cun xogo moito máis práctico e eficaz e unha defensa profunda que apenas deixaba espazos. Pero chegado o minuto clave onde o Rafergal últimamente parece que desconecta do partido , o rival aproveitou e marchou no marcador.

O inicio do segundo periodo foi radicalmente oposto a primeira parte, constantes lanzamentos fallidos dende boas posicions e malas tomas de decisions, fixeron co Rafergal desconectárase do partido cun Lavadores aproveitando os erros con goles rápidos co situaban fora do alcance para as locais.

Non puido ser. As rapazas do Rafergal volven a sentir a dor da derrota e sobre todo o perder a oportunidade de gañar na casa. E é co equipo de Lavadores, rexurdeu e foi superior toda a segunda parte.

Balonmán Culleredo Rafergal 14 (10+4):  Diana Dozo Dominguez , Adriana Antonio Costela (1) , Anheliz Amarys Alexander Justin , Aroa Barbeito Casas, Lucia Ponte Diaz (1), Paula Valderrabano Codesal (3), Candela Puga Presedo (2), Adela Areoso Lopez (1), Lucia Sanchez Toimil (3), Lucia Santiso Castro, Carlota Rodriguez Ramallo (3), Ines Martinez Mosquera

U.B. Lavadores Vigo 29 (15+14): Tania Gomez Reus , Antia Fernandez Lago (1), Alexandra Abalde Gonzalez (3), Erea Adell Villa (1), Paula Alonso Aparicio( 5), Marta Rodriguez Vaz (8), Michelle Alejandra Fernandez Alvarez (1), Bianca Fernandez Pascual (3), Africa Fernandez Fernandez (5), Sofia Molares Garcia, Judit Cid Espin , Ariana Fernandez Gomez (2)

Colexiados: : Andre Pena Muiños , David Paz Hermida

Incidencias: .17ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón municipal de Almeiras. Con 30 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *