Saltar ao contido

Derrota en Narón do Climanosa.

O pasado sábado, o climanosa viaxaba cedo a Narón para desputar a primeira xornada da segunda fase, ante os veciños do Bm Narón-Ferrolterra.

O encontro non comezaba ben para os nosos, que xa nos primeiros dez minutos encaixaban unha diferenza de 6 goles no electrónico. Na primeira metade, o culle co seu sistema 6.0, non era quen de frear as embestidas do rival, non sendo capaces de defender as relacións entre primeiras liñas e pivote, o cal, fixo moito dano. O noso ataque non estaba mal, combinando ben co noso pivote e facendo chegar balóns aos extremos sempre encontrábamos situacións sinxelas de gol, malia iso, as precipitacións e os fallos ante o porteiro fixo que a diferenza entre ambos bandos enchérase ata un 18-10 ao final desta primeira metade.

A tónica da segunda metade foi similar, os nosos dispuestos e deixarse as últimas forzas, fomos quen de plantar cara e seguir loitando para conseguir que esos oito tantos en contra reducíranse. Sendo máis serios en tarefas defensivas fumos quen de poñer en apretos por momentos aos de Narón pero ás pérdidas de balón e os erros de lanzamento contuinuaron lastrándo ata remate do duelo.

Mal partido en liñas xerais dos nosos cadetes de liga prata, onde o sacrificio e o esforzo de todo o encontro non foi suficiente para conseguir os dous puntos. Seguimos traballando e aprendendo rapaces. Unha vez máis, orgullosos deste grupo.

FORZA CLIMANOSA, FORZA CULLE!

Bm Narón Ferrolterra 34-21 Bm Culleredo Climanosa.

Narón: Jorge Catalán 9, Jorge David 6, Mario Casal 6, Pablo Alejandro 4, Oscar Rguez 3, Daniel Lamas 2, Lucas Freire, Mauro Piñeiro, Pablo Gomez, Mateo Sabio, Alejandro Paz, Ignacio Lafuente.

Culle: Pestonit 6, Alvaro 4, Hugo Vázquez 2, Mateo Perez 1, Iago Vázquez 3, Nico Díaz 2, Anxo Garrido 1, Félix 1, Mario 1, Nico Arias, Adri López, Rubén Gantes.

PARCIAIS CADA 5':

3-1/ 9-3/ 11-4/ 12-5/ 14-6/ 18-10/ desc./ 20-11/ 24-11/ 27-15/ 32-20/ 34-21/ Final.

ARBITRAXE:

Henrique Folgoso

INCIDENCIAS:

1ª xornada da segunda fase da liga prata cadetedesputada no pabellón da Gándara, Narón.

VIDEO DO ENCONTRO:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *