Saltar ao contido

O BM.RECONQUISTA, NON DÁ OPCIÓNS AO BM.CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Partido con pouca historia o que disputou o Óptica Gallaecia en Vigo e é que a superioridade do conxunto local, resultou evidente desde o primeiro instante. Amo e señor do encontro en todas as fases do xogo durante os sesenta minutos do envite, o BM.Reconquista levou os dous puntos en xogo sen discusión ante un conxunto, o cullerdense, que aguantou a primeira parte sen grandes diferenzas, pero sucumbíu na segunda ante a superioridade do seu rival.
Non era o mellor día para afrontar semellante duelo, xa que á dificultade do rival, engadíanse as numerosas baixas do BM.Culleredo Óptica Gallaecia, que viuse na obriga, de convocar a seis xogadores cadetes, algúns deles de primeiro ano.
A derrota ante un rival desta entidade, non embaza o bo ano e a progresión competitiva destes xogadores, que a fin de semana que vén, tentarán vencer no seu feudo aos veciños de Arteixo.

Bm. Reconquista Vigo: 40 (16+24). Diego Armesto, Iago Rivas (15), Luis Alvarez, Andrés Glez (15), Hugo Alonso, Lucas García, Daniel Losada, Xose Henrique, Marcos López (5), Anton Crispin (5), Carlos Cubas, Luis Álvarez, Alex Alonso.

Bm. Culleredo Óptica Gallaecia: 19 (11+8). Kidus (4), Iago Gerpe (2), Pablo Fariña (1), Marcos Regueiro (2), Nico Vázquez (1), Guille Puga (1), Daniel González (1), Teo Calvo (5), Anxo Negreira (1), Javi Ansede (p), Iván Manzo (p), Antón Pérez (1), Aarón Blanco.

Colexiados: Edelmiro Otero e Carlos Calvar.

Incidencias: Penúltima xornada da Liga Prata en categoría Xuvenil Masculina (Posto 5º ao 8º). Encontro disputado no pavillón de Lavadores en Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *