Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO SUMA DOUS NOVOS PUNTOS NUN PARTIDO IRREGULAR

Non foi o mellor partido por parte do BM.Culleredo Construpereiro, especialmente na segunda parte do mesmo, onde, despois de dominar con autoridade durante corenta e cinco minutos, a punto estivo de poñer en risco a vitoria final debido a erros non forzados e múltiples imprecisións.
Os primeiros trinta minutos transcorreron de forma moi positiva para os cullerdenses, que desde o inicio, saíron cunha magnífica predisposición defensiva e unha alta efectividade no ataque. As diferenzas pronto se abriron no marcador e xa no tempo de descanso, o BM.Culleredo gozaba dunha cómoda vantaxe (17-11).
Foi no segundo tempo onde, co paso dos minutos, a intensidade comezaba a baixar, tanto por parte duns como doutros, dando por feito que o encontro xa estaba visto para sentenza. Este baixón na concentración, no ritmo, na atención, comezaba a provocar erros en defensa e perdas ilóxicas en ataque sin intervención do rival por medio e entón acenderíanse as alarmas porque os de Redondela achegábanse ata os dous goles de diferenza cando se superaba o minuto vinte do segundo acto. Por sorte para os locais, os lanzamentos finais conseguirían superar á retagarda visitante e ao seu porteiro, establecendo ese marcador final de 32-30 que outorga os dous puntos en xogo ao BM.Culleredo Construpereiro.

BM. Culleredo Construpereiro: 32 (17+15). Marco González (P), Marcos Regueiro (5), Adrián Veira (2), Iván Sánchez (4), Aaron Blanco (1), Antón Pérez (1), Samuel Seijas (13), Daniel González, Antón Pérez, Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Anxo Negreira (2), Teo Calvo (1), Alejo Martínez, Nico Casal, Bruno Pardo (2), Diego Del Río (1).

SAR: 30(11+19). Aaron Fdez (15), Adolfo Fdez (1), Lucas Vidal (1), Brais Faginas, Guillermo Murillo (6), David Fdez (5), Pablo Gómez (1), Breogán Faginas, Alex Figueroa (1).

Colexiados: Pablo Torreiro e Iván Hernández.

Incidencias: 16ª xornada en categoría cadete masculino, disputado no pavillón de Almeiras con moi boa afluenza de público.

Fotos do encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipMvbzq3Cb5mi4hkUBQVfTno3-KKvV3panHucLEAkRQ0Ge4hjARAJvR3zMT58kJh7w?key=TE5lRS1BVWYwS211U05xbzZTVlVueHk2RDFpM0pn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *