Saltar ao contido

BOA IMAXE DO FISIOTERAPIA BENESTAR PESE A DERROTA

Gran partido do Fisioterapia Benestar que o final non puido levarse os 2 putos do Grove .

Un bó inicio de partido e un gran Marc na portería facían que as nosas guerreiras dominaran os primeiros compases do partido. Boas accións colectivas dominaban a defensa do grove e logo moi serias e concentradas na fase defensiva, todo isto sumaba para ir por diante pero pouco a pouco a diferencia se reduciria ata que o equipo local lograba empatar o partido .

O descanso o resultado era de 11-11.

Na segunda metade o equipo local saiu máis enchufado incluso a poñerse por diante con dous goles de ventaxa gracias a boas circulacións de balón, as nosas atascadas por momentos en ataque e en defensa non eran quen de darlle a volta ao partido. Pero despois de un tempo morto e aclarar as cousas, o equipo puido resarcirse e empezou a coller as rendas do partido con bas accións combinativas en ataque e máis aguerridas na parte defensiva onde o marcador xa reflexaba a ventaxa dun gol por parte do Fisioterapia , pero o balonmán dai moitas tornas en pouco tempo, e dun contrataque errado nun 1x0 para coller ventaxa de dous goles e un penalti fallado , pasou a que o equipo local puxerase de novo 1 gol arriba . Nos últimos 5 minutos a central deo Culleredo Marina lesionouse e isto mermou os últimos compases do equipo cullerdense que intentou empatar o partido ata o final pero non foi posible.

Unha gran imaxe das cullerdenses que siguen a amosar unha moi boa cara nesta segunda volta de competición.

RESULTADO 22-20

Bm Rasoeiro(11+11): Mariña Camiña, Xulia Otero, Lucia Guillerme (2),Naomi Alvarez(1),Shaila Fernández(14),Noa Parada(3),Luna Otero(2),Elba Dominguez,Ana Prol,Zaida Castelo.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar(11+9): Marc Barbeito,Carla Bello(4),Marina Rodriguez(10),Aitana Tasende(3),Maria Bescansa(1),Sofía Gerpe(1),Paula Vidal(1),Carla Estraviz.

PARCIALES CADA 5`: 1-3/2-5/4-6/6-7/8-9/9-10/11-11/13-11/15-13/17-16/18-17/18-19/22-20

INCIDENCIAS: Xornada 16 da liga Ouro cadete feminina disputado no pavillón municipal d Grove.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *