Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca desta unha xornada relavitamente relaxada, con poucos partidos de base e con parte dos nosos equipos comezando xa a segunda fase das súas competicións de prata. Para os equipos de Liga de Ouro non vai a ser unha fin de semana doada, con enfrontamentos ante rivais directos e partidos de alta intensidade.

(IF) CLÍNICA DENTAL JOSÉ LUÍS BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas miniguerreiras viaxan á Cañiza para enfrontarse a un rival preto na clasificación. Agora sabemos que este equipo do Abogacía Canosa é capaz de competir contra calquera rival da competición. Isto di moito do traballo realizado por este conxunto Cullerdense.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BALONMÁN CHAPELA

O Remax Riazor ten nesta fin de semana un partido decisivo para consolidar a cuarta praza da clasificación. O rival, o Bm Chapela, ven en progresión ascendente e prométese un partido moi desputado que probablemente se decida nos minutos finais.

(CF) DISPESFRA RASOEIRO BM VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas guerreiras buscan en Rasoeiro unha nova vitoria, o xogo que están a realizar é moi bo e nótase a evolución deste equipo, sobretodo na faceta defensiva. Fronte a elas terán un rival moi duro e aguerrido, que non porá as cousas nada fáciles no Grove.

(CM) CMB NARÓN-FERROLTERRA GRUPO CAPELA VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa busca na segunda fase de liga de prata a primeira vitoria, nesta ocasión enfróntase de novo contra o Balonmán Narón, que a semana anterior se impuso con claridade ao Climanosa.

O equipo Cullerdense buscará redimirse cun bo resultado que poida darnos motivación de cara aos seguintes partidos.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS SAR “A”

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, parte coa ambición de referendar o seu bo momento de forma e conseguir os dous puntos en xogo ante un bo conxunto como é a SAR "A" de Redondela. Unha vez máis, o bo funcionamento defensivo será clave para poder acometer o encontro con opcións de vitoria. O partido dará comezo o sábado ás 11:00 no municipal de Almeiras.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS U.B. LAVADORES VIGO

Chegado o sprint final da Liga de Ouro, o Rafergal atópase este sábado 12 ás 17:00 ante un equipo que está consolidado na parte media da táboa, o Lavadores. Penúltimo partido na casa para estas xogadoras fronte ó seu público.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS SD TEUCRO

Último partido na casa desta tempada para o equipo cullerdense correspondente a un partido aprazado. Case sen tempo de recuperación polo axustado que resultou o calendario desta competición. Un finde de dobre xornada onde as rapazas da casa darán todo de si para despedirse da xente que as acompañou durante este ano. En fronte, o equipo do Teucro, o domingo as 12:00 tedes unha cita importante para ver e desfrutar do balonmán.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CLUBE BM.TUI

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, afronta un esixente encontro na casa ante o BM.Tui, un conxunto que actualmente ocupa o segundo posto da táboa clasificatoria. Establecer un nivel defensivo alto, onde a intensidade e a profundidade estea por diante do ataque rival e impor un modelo colectivo no xogo de ataque, onde todos os xogadores sumen de forma notable, parecen as premisas craves para poder sacar algo positivo nesta confrontación tan ambiciosa para os de Culleredo. O partido disputarase o sábado ás 13:00h no municipal de Almeiras.

(SM) CLUBE BM.TUI VS BALONMÁN CULLEREDO

O BM.Culleredo ten un difícil compromiso este sábado no municipal de Tui (Pavillón Gustavo Rodríguez). O encontro ante o Clube Balonmán Tui, preséntase como unha das probas complexas dentro da planificación ligueira, moito máis si entendemos que o conxunto locatario está a xogarse unha praza para entrar na Final Four da categoría. Os cullerdenses deberán de manter a liña das últimas semanas en tarefas defensivas e canto á concentración e seriedade á hora de afrontar os partidos. Esa será a primeira premisa para poder regresar a casa cos dous puntos en disputa. O partido dará comezo ás 20:00h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *