Saltar ao contido

XORNADA FORMATIVA DOS NOSOS ADESTRADORES NO CENTRO DE FISIOTERAPIA BENESTAR

No día de onte, os nosos adestradores e membros da xunta directiva, puideron visitar o CENTRO DE FISIOTERAPIA BENESTAR, un dos colaboradores e patrocinadores do club que tanto nos axudan a continuar crecendo. O centro, onde Catalina, Rosario e Laura levan a cabo o seu labor con gran profesionalidade e coñecemento, servíu de punto de encontro para intercambiar información e para que as profesionais do ramo impartisen unha xornada formativa en algo tan importante e vital no noso deporte como o é o traballo de prevención de lesións e os bos hábitos na práctica deportiva.
Foi algo máis dunha hora onde os nosos adestradores puideron engadir novos e valiosos coñecementos para trasladar ao traballo diario cos rapaces e rapazas do club, ademáis de intercambiar opinións, experiencia e coñecementos a través dun feedback máis que enriquecedor.
Para o noso club, é un luxo poder contar coa colaboración, o patrocinio e o apoio dun centro con esta calidade de profesionais, principalmente porque elas poderán prestar axuda, apoio e atención profesional aos nosos xogadores e xogadoras cando teñan unha molestia ou lesión, do mesmo xeito que ás súas familias si así o desexan. O rango que O CENTRO DE FISIOTERAPIA BENESTAR manexa a nivel profesional, é amplísimo e así, poderá atendernos, tratarnos e aconsellarnos sobre lesións deportivas, terapia manual, masaxe terapéutica, acupuntura, técnicas osteopáticas, drenaxe linfático, dores musculares e articulares, neuropatías, cefaleas, tendinopatías, pilates…..Toda unha infinidade de solucións aos nosos problemas e os dos nosos xogadores que se poden tratar na AVENIDA DE VILABOA 134 (Culleredo).

Grazas ao CENTRO DE FISIOTERAPIA BENESTAR, somos ditosos de poder contar cun grupo de fisioterapeutas desta índole que axudan ao club e aos nosos adestradores mantendo un contacto e seguimento nos procesos lesionais de xogadores e xogadoras e achégannos coñecemento e sabedoría para o noso traballo diario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *