Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Ascor Consulting!

Nesta nova entrega do “Hoxe coñecemos a…” queremos presentarvos ao gran grupo de profesionais que forman Ascor Consulting, un dos novos colaboradores do clube.

Para poder presentarvos como se debe a Ascor, tivemos o pracer de conversar cos socios que sacan adiante a consultoría: Manuel, Yolanda e David.

Ascor consulting é a túa consultoría fiscal, contable, laboral e mercantil, con xa máis de 35 anos de experiencia no sector. Traballando con autónomos, pymes e familias, Ascor ten a experiencia necesaria para atender as túas necesidades de asesoramento e xestión de finanzas.

Para dar maior calidadde e complementar os seus servizos de asesoramento e xestión de finanzas, en Ascor contan con múltiples colaboracións con equipos profesionais doutros ámbitos que poden ser de interese, como poden ser abogados de confianza que poidan traballar tamén contigo para solucionar o teu problema.

Por se isto era pouco, en Ascor tómanse moi en serio a necesidade cada vez maior de facer estos trámites telemáticamente, polo que facilitan todos estos trámites a particulares e empresas, dando acceso telemático a unha plataforma online que che permite estar ao día de todo o que precises.

Para que poidades coñecer os servizos que Ascor nos ofrece, centrarémonos nas 3 áreas de asesoramento principais: Particulares/familias, autónomos e empresas/pymes.

PARTICULARES E FAMILIAS

Dende Ascor, saben o moito que as finanzas condicionan o noso día a día e as situacións nas que a veces nos vemos e nas que non sabemos moi ben como debemos actuar, por iso nos ofrece solución a través de diferentes servizos:

  • ASESORAMENTO LABORAL: se te despiden ou tes unha baixa laboral, encargaranse de defender os teus dereitos e facer que disfrutes das prestacións que che corresponden. Se necesitas contratar a alguén que coide dalgunha persoa dependente no teu fogar non te preocupes, dende Ascor encárganse de axudarche cos trámites precisos e de aconsellarche cal é a mellor opción no teu caso.
  • FINANCIACIÓN: se necesitas pedir financiación debes ter en conta que dependendo da túa situación, unha opción pode ser mellor ou peor, por eso dende Ascor encárganse de estudalo teu caso e buscar aquela que mellor se adapte a ti.
  • HIPOTECA: tanto se precisas contratar unha hipoteca, como se queres explorar unha forma de pagar menos pola que xa tes, non o dubides e conta con Ascor para que estuden aquela opción que che veña mellor a ti.
  • PLANIFICACIÓN FISCAL FAMILIAR: dentro da túa planificación familiar pode ser moi importante un adecuado plantexamento dun plan de aforros ou de xubilación, de forma que coides o teu futuro. Non abordes estas situacións sen coñecemento e deixa que o equipo profesional de Ascor te asesore.
  • HERENCIA, PREMIO DA LOTERÍA, ETC: nestas situacións que chegan sen contar, é moi importante saber o que debo facer para non incumplir a lexislación e saber qué facer con esos cartos para sacarlle maior rentabilidade.

AUTÓNOMOS E EMPRESAS/PYMES

Na atención a autónomos e empresas/pymes, Ascor encárgase de facer un servizo integral de asesoramento e xestión, acompañándovos dende o comezo.

  • POSTA EN MARCHA: Se estás pondo en marcha o teu negocio, debes ter en conta puntos moi importantes, nos cales dende Ascor che poden axudar a que todo vaia de 10.
  1. O teu proxecto de negocio (préstamos, leasing, factoring, confirming).
  2. As axudas e subvencións ás que podes optar (selección e tramitación).
  3. Facer a planificación fiscal e financieira (xestión do teu plan de negocio).
  • DÍA A DÍA: É moi importante que teñas quen te asesore no teu día a día, solucinando calquera problema ou imprevisto que poida xurdir.
  1. Asesoría (contable, fiscal, financieira, mercantil e laboral).
  2. Procesos de outsourcing (contabilidade, facturación, xestión administrativa).
  3. Reestructuración da empresa ou negocio.
  4. Dixitalización e posicionamento.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *