Saltar ao contido

O XM ‘ÓPTICA GALLAECIA’ DEIXA ESCAPAR DOUS PUNTOS EN PONTEVEDRA.

O pasado domingo o xuvenil de prata desprazábase a Pontevedra a desputar a 4º xornada da segunda fase, correspondendo á volta co Cisne B.

O partido non comezaba ben para os nosos, que faltos de ritmo e actitude defensiva, encaixaban un parcial de 6-2 nos primeiros compases do encontro. A tónica xeral do encontro ésta, moitas imprecións en ataque, erros de lanzamento, malas tomas de decisión e actitude defensiva moi escasa. En liñas xerais mal partido para estos xuvenís que se lles atragantou a viaxe e este rival.

Na segunda metade, no inicio desta, os nosos saían amosando outra actitude máis competitiva, pero isto tan só durou uns instantes ata que o rival volveu apretar na nosa defensa, facéndonos encaixar de novo, un avultado parcial nos últimos quince minutos, o que sentenciaba o encontro.

Momento para pensar no acontecido e seguir traballando para futuros encontros, concretamente nos dous que nos quedan nesta competición, ante o Reconquista e ante o Arteixo. Borrón e conta nova, este grupo ten moito que amosar ainda e un mal partido o ten calqueira.

Ánimo rapaces, seguimos traballando e seguimos mellorando, que das derrotas tamén se aprende.

FORZA OPTICA GALLAECIA, FORZA CULLE!

Cisne Colegio los Sauces B 37 - 22 Bm Culleredo Óptica Gallaecia

BmCisne: Salvador Montes 8, Eber Dacosta 8, Mauro Lago 6, Iker Latas 4, Mateo Castro 4, Manuel Torres 3, Ignacio Álvarez 2, Pablo Fdez 1, Gabriel Fontenla 1, Adrián Pérez (p), Luís Fdez.

BmCulleredo: Álvaro 10, Antón 3, Marcos 3, Puga 2, Kidus 1, Dani Glez 1, Gerpe 1, Aarón 1, Nico Vázquez, Teo, Diego del Río, Javi (p), Victor (p).

ARBITRAXE:

Cesar Diaz e Paula Fontán

INCIDENCIAS:

4ª xornada da segunda fase ligueira desputada no pavillón da Xunqueira en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *